Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Gadalka, a maxia detrás do cristal

Gadalka, a maxia destrás do cristal é un espectáculo de proximidade para un momento de grandes distancias. Esta micro-obra de maxia está pensada para o desfrute das familias, na intimidade. A acción céntrase nunha pequena caseta de feira, á que pequenos grupos familiares poden achegar-se para vivir unha experiencia máxica a poucos centímetros. Esta caseta, de menos dun metro cadra-do, agocha tras o seu cristal ao mentalista Gadalka, unha personaxe peculiar.

Galego

Jano sen medidas

Xogar coma un neno atrapado nos medos dun adulto. Mesturar a destreza dos malabares, a forza das acrobacias e o desenfrenado inxenio coa participación do público. Celebrar un gol, saltar á corda, percorrer unha distancia sobre as mans, soñar vendo as estrelas, imitar un bailer ridículo, argallar unha broma ou crer na maxia. Humor orixinal, participativo e arriscadamente divertido.

Galego

De aló de onde eu veño

Caxoto  é a persoa que se atopa tras do mostrador na Trastenda dos Contos. Mestre en educación primaria e sempre ligado ao espazo escénico entra en contacto coa narración oral coa súa chegada á Editorial Kalandraka no 2004. Alí logo de formarse como narrador asume a campaña de animación á lectura que o leva por colexios e bibliotecas de toda Galicia.

Galego

Vaia ritmo!

Co inxenio de Odaiko e co instrumento máis universar e asequible do mundo sae este espectáculo para divertir, interactuar e xermolar un vínculo de expresión a través da búsqueda.

Galego

As cantigas de Elena

As Cantigas de Elena é un proxecto que recompila melodías recollidas a Elena Alonso Pino (Toutón, 1 de xullo de 1928), por parte de María Vidal, Pichi Abollado e o seu neto, Pipo Alvariño.

Elena recordaba multitude de melodías, algunhas delas moi antigas, e as cantaba dun xeito irrepetible. Tras unha sobremesa de cea de noite boa de 2016, Pipo Alvariño, María Vidal, Pichi Abollado e Miryam González acordaron que as fermosas melodías que conservaban de Elena non podía permanecer mais tempo no olvido. Así nace o proxecto As Cantigas de Elena.

Galego

Dona Emilia e a señora Carme

Nas longas noites de inverno ou nas calurosas tardes de verán, a vella Carmela lía novelas do oeste ou miráballe os santos ás revistas do corazón. Iso era cando non estaba calcetando, nin ganchillando, nin rezando o rosario, que eran as súas ocupacións principais no seu lecer. Tiña outra afección que gostaba moito na familia: cociñar e non podía evitar facelo en cantidades industrais, por da fame pasada, polo que sempre precisaba axuda na cociña e alí estaba a súa neta para axudarlle nos fogóns.

Galego

A bailar

Espectáculo de animación interactiva con xogos, bailes divertidos, cancións cantadas en directo, número de maxia, moneco xigante, batalla de gobos xigantes, explosión de confeti, concurso de baile con premio para o gañador e un montón de sorpresas.

Galego

Concerto. Homemaxe aos 80 e 90

O dúo é moito máis que un dúo  de versións pop- rock dos anos 80.. É un dúo liderado por Dani Royo acompañado do pianista da súa banda Lucas Llumá, xuntos fan renacer cada unha das cancións que interpretan. Crearon un dúo artístico e técnico perfectamente engraxado e organizado. Son un reloxo funcionando encima dun escenario. Este dúo de versións pop -rock nacional, interpretan un concerto que sobre o papel é interminable e deixa ao público con cara de tocar dez minutos sobre o escenario.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño