Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

MIL MAXIAS MÁIS

Un espectáculo do mago Antón arredor da lingua galega

A maxia constitúe en si mesma moito máis ca unha actividade de lecer ou unha industria cultural. A maxia baséase nunha concepción cultural propia e orixinal,  unha maneira de entender a comunicación humana e unha forma de transmitir novas ideas, valores, esperanzas, unha visión anovadora da vida e da  realidade. A maxia é a arte de conmover o ser humano para que nunca perda a súa inocencia primordial.

Galego

Terra Nosa

Neste espectáculo recopilamos algnhas das cancións máis coñecidas da nosa tradición oral e popular, dándolles unha nova visión, máis  minimalista e íntima: unha voz e o son do piano.

Buscamos, deste xeito, achegar a nosa tradición, as nosas raíces, ás novas xeracións cun aire renovado, aportando así o noso granciño de area na difusión da lingua e cultura galega. 

Galego

UNHAS LENTES COMO AS DO AVÓ (Lingua de signos - Lingua oral)

A primeira vez que Laura veu a dúas persoas falar en lingua de signos pasoulle o mesmo que a todos... non entendía nada!. Pero aquela idea de falar coas mans gustoulle moito así que aquela tarde, despois de facer os deberes, saíu ao xardín para imaxinar un mundo onde as persoas falasen coas mans.

Neste espectáculo a lingua de signos e a lingua oral conviven por igual no escenario. Un espectáculo para persoas xordas e ouvintes. Un espectáculo integrador cheo de fantasía, maxia e humor.

Galego

De cando os animais cantaban

TRES PESOS

Felisa Segade, Xoán Porto "Guancho" e Xosé Antón Ferreira son Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,... centos de horas sobre o escenario e miles fora del soñando coas música e tradición galegas.

Galego

Old Rocksteady

Cachas&Cousins é unha banda de rocksteady, R&B e soul xamaicano formada en Santiago de Compostela no ano 2014. No seu repertorio contan con clásicos da música xamaicana dos anos 60, cos cales transmiten a súa paixón polo ska e o rocksteady, imprimindo nas actuacións o máximo respeto polas raices do estilo e buscando un coidado sonido que se asemelle ao utilizado por grupos da época, con un mimado e enérxico directo que non deixa indiferente a ninguén, apto para tódolos públicos.

Galego

HOMENAXE AO ROCK HISPANO DOS ANOS 80

Fernando Esclusa, á voz e á guitarra, (ex Guru Deva), Francisco Taxes "Pocho" (exRevolujoin), voz e baixo eléctrico, e Alberto Dopico "Delpi" (exBastards on Parade) á batería, proxectaron as súas teimas musicais cara aos anos sesenta. . Porén, e ante as múltiples peticións doutros repertorios para incontables veladas e festas, decidiron sacar este coidado set list, eminentemente rockeiro, para os amantes do legado do rock hispano dos 80.

Galego

Corochas

Corochas é un espectáculo de pequeno formato dirixido á primeira infancia, que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. A través do conto acumulativo, a canción ou o xogo de imitación viaxaremos por diversas paisaxes e coñeceremos a personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos. Por que será que existen tantos xeitos de chamarlle ás corochas? Será que a sensación en cada unha de nós é tan diferente que non somos quen de poñerlle un único nome? Ou será que as corochas só existen á beira do mar e as cóxegas no alto da montaña...

Galego

Cantacontos:"Sons da Batea"

O grupo OLLO PIOLLO lanzou o seu primeiro álbum "CANTA CONTOS - Sons da Batea" en novembro do 2021. Este álbum, composto por 9 cancións, contén ritmos variados; podemos escoitar dende country ata bosanovas pasando por hipo-hop ou regaetton. Todas as cancións están baseadas en cancións que a rapazada cantaba e canta nos campamentos así como en contos infantís.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño