Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Mixturarte

A nosa proposta é un concerto non só musical, se non, e sobretodo visual. 

A liña conductora é a música, guiada pola pianista Ana Belén Rodríguez García e comparten escenario con ela unha serie de artistas de diversa índole. 

No eido musical acompáñana, nalgúns temas, batería, violín, voz e coro. Completan a performance dous bailaríns e un actor malabarista; todo isto complétase coa proxección de imaxes e efectos que fan deste, un espectáculo completo e único para todos os públicos. 

Galego

Desconcerto

DESCONCERTO é un espectáculo cómico sobre a música culta  a cargo de Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Marcos Orsi.

Os nosos protagonistas aparecen, por accidente, no escenario dun concerto de música culta. Coa orquestra a piques de comezar o repertorio e o público preparado para gozar co recital, ven no deber de facerse pasar por reputados músicos para saír da situación. Curiosamente, a partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto vaise executando, non sen diversos reveses cómicos.

Galego

Legado de Tibu

Estectáculo para público familar con personaxes fantasticos, e todo un elenco de personaxes que a través das cancións se sempre, farán que os máis pequenos da casa pasen un anaco inesquecible.

Galego

Home Orquestra

Apoiándose na recuperación da figura do home orquestra, Cé Orquestra Pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregándose por completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na
que o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista.

Galego

Fanfarria Taquikardia

Grupo de música extremo festeiro de repertorio taquicárdico, que vai das melodias balcánicas a coñecidas pezas da música clásica e do cine, pasando pola música tradicional galega e latina, aportándolle sempre o espírito necesario para o baile e a festa. 

 

A banda está integrada por instrumentos de vento-metal e percusións varias. A formación principal a compoñen: trompeta, clarinete, saxo alto, saxo tenor, trompa, trombón, tuba, caixa re-adornada, timbais e bombo-platos. 

 

Galego

Conto para escoitar mentras bailamos un vals

“Sabela era una nena á que lle encantaba a música. Tanto que pasaba o día cantando, bailando, asubiando... Un día a súa nai dille: E por que non aprendes a tocar un instrumento musical?  A Sabela aquilo pareceulle unha boa idea e púxose a pensar que instrumento quería tocar... pero eran tantos!...”

Baixo esta premisa asistiremos á viaxe fantástica que Sabela fai por varios instrumentos ata ir a dar co seu instrumento favorito (gaita, acordeón, xilófono, pandeireta, ...)

Un espectáculo dan man do “Gran Director de Orquestra”  Caxoto cheo de fantasía e da nosa música 

Galego

Consertasso na Horta

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso!

Todo da casa!

Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable!

A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap.

Hai unha pulga punk da praia de Liméns.

As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae.

Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao-é o propio!-  e os kiwis non paran de brotar bailando ska.

Galego

Chuches Amil desenchufado

Fran Amil fala e canta cancións dos monstros que habitan
nos dous discos de Chuches Amil: Un conto ao
revés, editado no ano 2015, e Monstros, con ou sen
consentimento, editado no ano 2018.

Música lixeira e cantareira que axita os pes e os corpos da cativada, e
sorprenden a máis dun pai e dunha nai chimpando
ritmicamente e bailando arredor da súa prole. Unha
música contaxiosa e festiva que fai desfrutar do
presente e presenta unha ledicia compartible.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño