Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Animación de Rúa

No ano 2020 Latexo lanza o seu primeiro espectáculo de rúa, no que aposta por un show de batucada cun carácter moi persoal e marcado polas súas influencias, cuns arranxos musicais de creación propia moi coidados, nunha clara aposta por fusionar o movemento e a percusión afrobrasileira con elementos visuais como a luz interior dos seus tambores, ofrecendo así unha proposta de percusión de rúa diferente e de calidade.

Galego

Adrián Vigo Banda

Adrián Vigo presenta o seu segundo disco, baixo o título de "Reflexos", reunindo 12 cancións vestidas coas mellores galas. Se ben o primeiro disco "Profunda amizade" era unha gravación artesanal e mimada, en "Reflexos" vemos un compositor maduro cunha produción de primeiro nivel. Atopámonos cunha variedad musical diícil de ver nestes tempos: dende o pop máis comercial ata os sons latinos, coqueteando polo camiño coa canción galega, o rock, ou a música de raíz... sen perder a esencia baladística.

Galego

Cantares para Rosalía

O concerto compónse de cancións feitas polo dúo con extractos de Cantares Gallegos, obra de Rosalía.  Algunhas pezas son con harmonio, de ritmos populares e alegres e outras son con piano. Complétase con cancións que fixo o dúo con poemas que outros autores dedicaron a Rosalía de Castro, como Curros, Otero Pedrayo e García Lorca. Habitualmente incluimos algún tema con letra nosa, como Nana do Couto Mixto ou Alalá dende Turín. 

Galego

Xira Orixes

Los Jinetes del Trópico, loitamos sen lanternas! Despois de varios anos de constante evolución, os Jinetes estabilizanse cunha formación disposta a loitar nos mellores escenarios.

Cumbia, ritmos tropicais, reggaeton galego e moito máis! Todas as cancións reflicten o compromiso, a creatividade, o amor, a festa e os soños destes novos Jinetes. Lonxe de asentarse despois de sacar o disco e varios sinxelos, a máquina non para e os Jinetes teñen moitas cancións na recamara que sairán mes tras mes durante o verán.

Galego

Memorias dunha Rapasa da Costa

Marta Doviro criouse na Costa da Morte. En “Memorias dunha rapasa da costa” Marta fala do seu periplo polas distintas vilas do lugar nas que viviu durante gran parte da súa infancia ata hoxe. Retrata en clave de comedia, o carácter carismático das súas xentes, experiencias, vivencias e ata historias reais de piratas. Ademáis, como cinéfila empedernida que é, obsequia ao público cun divertido paralelismo entre a nosa realidade (a realidade galega) e a realidade “hollywoodiense” (a que vemos nas películas).

Galego

Extra!

EXTRA! é un espectáculo baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Chega o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos vós. En EXTRA! os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.

Galego

Toupiciencia Show

A Toupiña e o seu axudante Protonio andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar.

Galego

The Dixie Blinders

As bandas de dixie son treméndamente versátiles, integradas por instrumentos acústicos que resultan fáciles de transportar, caracterizando o seu son alegre, festivo e desenfadado, moi característico do carnaval de New Orleans.

O noso repertorio comprende os temas máis coñecidos entre os anos 20 e 30 cando o swing e os himnos causaban furor entre as masas.

Galego

Somos Circo

Damas e cabaleiros, nenos e nenas, o espectáculo que todos estiveron esperando. Raquel Feroz, a auténtica Raíña do Circo, deixarache pampo virando sobre o seu trapecio. Girisho, o Gran Ditador do Circo, sorprenderache coa súa forza e estupidez. Xuntos danche circo 100% puro. Alto en acción e baixo en conversación. Alto en satisfacción e baixo en decepción. Alto en irresponsabilidade e baixo en precaución. É rápido, é divertido, é acrobático, é fermoso. Viaxaron polo mundo realizando as súas incribles habilidades e agora preséntanche a súa obra mestra. Tes sorte, Somos Circo!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño