Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

LeTriska Inmóbile

Isla Le triska presenta este delirante espectáculo no cal combina disciplinas de Novo Circo: malabares, pallaso, equilibrios... con excentricidades e xogos co público.

Un personaxe eléctrico e moi tolo sorprenderá a todos realizando proezas como: malabares incribles, memorizar centos de nomes, darlles novos usos a obxectos cotiás, pelexar co público ou converter a un neno nun grande artista de circo. Habilidade, perspicacia, velocidade mental e sobretodo tontería, moita tontería.

Pequenos e grandes sacarán ó tolo que levan dentro.

Galego

Hell Brothers

Rejhuz e Glakghs Setén son dous pequenos diaños, os fillos ni-ni de Satanás. O seu pai, canso destes dous inútiles, decidiu botalos do inferno para que aprendan a gaña-lo mal eles mesmos. 

Rejhuz, o mais grande, é un ególatra petulante que inventou un dispositivo para conseguir almas e demostrarlle ao seu pai que é un digno herdeiro. Xunto á súa irmá Glakghs, unha completa imbécil que o segue a todas partes, chegan á Terra dispostos a dominar á humanidade pero... que atoparán? Son realmente estes dous "pobres diaños" tan intelixentes como presumen? 

Galego

Un saco de contos

UN SACO DE CONTOS é un espectáculo de narración oral composto por unha selección variada de contos con temática variada adaptable ao público infantil de distintas idades.

Os contos contados nesta sesión saen dun saco máxico cargado de historias que, libremente, vai regalando a cambio de recitados, trabalinguas, cantos, adiviñas...

Galego

As fames contadas

AS FAMES CONTADAS é un espectáculo de narración oral, composto por unha selección variada de contos propios e de tradición oral. O tema central é a fame, incluíndo non só a fame de comer se non outro tipo de fames que tamén temos os seres humanos. Comeza en torno á comida que se fai nunha casa para celebrar a festa. O feito de xuntarse á mesa provoca que se conten historias e sempre unas van levando a outras. Así van saíndo as fames: de comer, de cariño, de aprender, de cartos… fames que dunha maneira ou outra temos que saciar.

Galego

MIL MAXIAS MÁIS

Un espectáculo do mago Antón arredor da lingua galega

A maxia constitúe en si mesma moito máis ca unha actividade de lecer ou unha industria cultural. A maxia baséase nunha concepción cultural propia e orixinal,  unha maneira de entender a comunicación humana e unha forma de transmitir novas ideas, valores, esperanzas, unha visión anovadora da vida e da  realidade. A maxia é a arte de conmover o ser humano para que nunca perda a súa inocencia primordial.

Galego

Terra Nosa

Neste espectáculo recopilamos algnhas das cancións máis coñecidas da nosa tradición oral e popular, dándolles unha nova visión, máis  minimalista e íntima: unha voz e o son do piano.

Buscamos, deste xeito, achegar a nosa tradición, as nosas raíces, ás novas xeracións cun aire renovado, aportando así o noso granciño de area na difusión da lingua e cultura galega. 

Galego

UNHAS LENTES COMO AS DO AVÓ (Lingua de signos - Lingua oral)

A primeira vez que Laura veu a dúas persoas falar en lingua de signos pasoulle o mesmo que a todos... non entendía nada!. Pero aquela idea de falar coas mans gustoulle moito así que aquela tarde, despois de facer os deberes, saíu ao xardín para imaxinar un mundo onde as persoas falasen coas mans.

Neste espectáculo a lingua de signos e a lingua oral conviven por igual no escenario. Un espectáculo para persoas xordas e ouvintes. Un espectáculo integrador cheo de fantasía, maxia e humor.

Galego

De cando os animais cantaban

TRES PESOS

Felisa Segade, Xoán Porto "Guancho" e Xosé Antón Ferreira son Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres músicos, tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais; Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia, Brincadeira,... centos de horas sobre o escenario e miles fora del soñando coas música e tradición galegas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño