Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Desconcerto

DESCONCERTO é un espectáculo cómico sobre a música culta posto en escena por Félix Rodríguez e Fran Rei e dirixido por Marcos Orsi.

Os nosos protagonistas aparecen, por accidente, no escenario dun concerto de música culta. Coa orquestra a piques de comezar o repertorio e o público preparado para gozar co recital, vense na obriga de facerse pasar por reputados músicos para saír da situación. Curiosamente, a partir deste aloucado punto de partida, o espectáculo vai avanzando e o programa previsto vaise executando non sen diversos atrancos cómicos.

Galego

O ladrón de Paraugas

O espectáculo do exitoso libro de Xosé Lueiro, xa pola terceira edición tras un ano dende a súa estrea.

O espectáculo conta a viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, na súa teima por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, emprenderá unha fantástica aventura, collido á empuñadura dun paraugas. Unha peza baseada no libro do mesmo nome, que trata de sensibilizar á cativada sobre temas como a violencia machista ou os conflitos bélicos.

Galego

Coro Encaixe en concierto

"Somos Encaixe, unha potaxe musical nacida das inquietudes e gustos musicais e artísticos de todos os que compoñemos esta formación vocal".
 
Toda esta variedade estilística converxe nunha aposta forte pola música elaborada neste país, facendo versións vocais de grupos como Marful, Dhais ou Berrogüetto, aínda que tamén teñen un amplo repertorio de temas moi coñecidos de todos os estilos e todas as épocas.
 

Galego

Manoele de Felisa Cantautor

As producións realizadas por Manoele de Felisa son unha alternativa para achegar ós oíntes o xénero literario poético. 

Onde, a través da poesía musicalizada, teremos a oportunidade de entrar en contacto coas verbas de diferentes autres referentes das nosas letras; como poden ser Xosé Neira Vilas, Rosalía de Castro, María Mariño... Entre outros moitos poetas que o cantautor ten recollidos nos seus oito discos editados.

Un formato acústico que se adapta a todos ámbitos, presupostos e públicos.

Galego

De Machín a la Nueva trova

  • O seu repertorio, conformado por cancións cubanas; aparece vestido de

    contemporaneidade e arroupado por talentosos músicos provintes de diversas xeografías e

    afines ao world jazz. Purofilin, baixo este concepto; reinterpreta os sóns de La isla, aberta a

    Latinoamérica, xusto na medida e o estilo de Jamila Purofilin, xa recoñecible pola crítica e

    o público.

Galego

MAXIA Deluxe

Este é o espectáculo de maxia que Cayetano Lledó presentou no campionato do mundo de maxia en Busán, Corea do Sur, e co que acadou a 4ª posición na clasificación mundial. 

Galego

Outra Movida

Poucos textos poden mellorar o que, para mIn, é o mellor chiste da historia:

Dous borrachos están na barra dun bar e un dille ao outro:

- A túa cara sóame de algo

- Home… son o teu irmán

- Non… de Outra Movida!

Esta é sensación que teño dende non fai moito tempo con esto que se denomina, “Nova Normalidade”. É o mesmo peeeero… doutra forma, é OUTRA MOVIDA.

Galego

FESTA TRIBAL

MÁSCARAS RITUAIS E TAMBORES

Unha animación chea de cores e ritmo. Estas máscaras rituais feitas con globos 100% biodegradables, bailarán ao son dos ritmos africanos, creando un ambiente de diversión e felicidade que gustará a pequenos e maiores. Os personaxes irán caracterizados de xeito que a xente sentirase no medio da África máis profunda.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño