Santi Prego en Contos en Rede
Santi Prego percorre este outono 10 entidades da Rede de Dinamización Lingüística no marco da terceira actividade do programa FalaRedes: Contos en Rede.
Estas contadas queren servir para incentivar o uso do galego oral como ferramenta de creación artística, aumentar a oferta de actividade cultural en lingua galega para público de todas as idades, así como apoiar e difundir o traballo dos artistas que realizan a súa actividade en lingua galega.