FalaRedes

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

O reflexo

Por primeira vez, o programa de dinamización lingüística FalaRedes vai á ópera. Faino da man dunha obra contemporánea da autoría de Javier Ozores, unha proposta operística e teatral que parte de textos de Emilia Pardo Bazán e que, tras a súa estrea no Teatro Colón da Coruña, chega agora a Ourense e a Ferrol da man da Rede de Dinamización Lingüística.

Galego

Karelu

‘Karelu’ fala da educación na familia, da violencia e da crise de valores das sociedades contemporáneas. O fillo de Martín ten un karelu no seu brazo dereito, unha marca que deixa a roupa na pel. Unha agresión. Martín recibe a visita do seu irmán, quen necesita aclarar con el o que pasou. A partir de aí comeza unha viaxe ao pasado onde xorden aspectos da súa vida familiar, de cando eran nenos e como foi a educación recibida.

Galego

Mil maxias máis

O mago Antón trae ao FalaRedes un espectáculo de maxia dirixido a público infantil e familiar que busca poñer en valor a nosa lingua utilizando xogos orixinais creados  coa finalidade de facer que os espectadores e espectadoras lembren a importancia que ten a palabra en galego.

Cada sesión de Mil maxias máis desenvolverase a bordo do Magomóbil, un vehículo deseñado expresamente para esta exhibición de ilusionismo e lingua. A bordo deste vehículo o mago Antón estará este novembro en Santiago de Compostela, Narón, Vilagarcía de Arousa e A Coruña.

Galego

O ogrocho

A compañía Teatro de Ningures trae ao FalaRedes esta peza para público infantil e familiar protagonizada por un pequeno ogro de seis anos que descobre as características que o diferenzan do resto do alumnado ao comezar o colexio. O ogrocho aborda temas como a superación, a imaxinación, o amor, a natureza humana, a valentía, a moral, a morte, a violencia, a represión, o abandono, a mentira, a soidade ou o engano para amosarlles aos nenos e nenas a complexidade de ser persoa.

Galego

O Candil. Un musical galego

A Escola Galega de Teatro Musical (EGTM) trae ao programa de dinamización lingüística FalaRedes unha obra de teatro musical que xira arredor dos temas do noso cancioneiro popular. Nela pídese a participación do público como convidado a unha festa clandestina no Pavillón Lino da Coruña, en 1919. Ao mesmo tempo, esta comedia de variedades fai un percorrido pola historia sociopolítica e artística de Galicia e os inicios da muller no mundo laboral durante os tolos anos 20.

Galego

Menú de refectorio

A proposta de Viravolta Títeres discorre nun mosteiro. Alí os monxes, mentres preparan a mesa para o xantar, conversan sobre personaxes literarios do Renacemento cuxas accións dramáticas toman forma a través dos elementos da vaixela que hai sobre a mesa.

Menú de refectorio estará este outono en sete concellos da Rede de Dinamización Lingüística: A Peroxa, Salceda de Caselas, Miño, Ribas de Sil, Coristanco, Guitiriz e Ponte Caldelas.

Galego

A compañeira de piso

Protagonizada polas actrices Patricia Vázquez e Rebeca Montero e dirixida por Belén Pichel e Cándido Pazó, esta peza aborda a procura dá propia identidade de dúas mulleres que chegan aos 50 anos nun momento en que moitos roles dous que tingan asumidos perden a súa vixencia.

Este outono, A compañeira de piso chegará dá man do programa de dinamización lingüística FalaRedes a Noia, Mancomunidade Arousa Norte e GDR-Mariñas Betanzos.

Galego

Os Bolechas fan o Camiño Marciano

Xa os temos aquí cunha nova aventura que chegará a 21 entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Boimorto, Carnota, Laxe, Muxía, Rois, GDR Ulla-Tambre-Mandeo, Arbo, Barro, Forcarei, Oia, Mondariz, Bóveda, Carballedo, Cospeito, O Incio, Guntín, Liceo de Ourense, Avión, GDR Momnteval, Castro Caldelas e mais GDR Montes e Vales Orientais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - FalaRedes