FalaRedes

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Romeo e Xulieta

Romeo e Xulieta: o soño do amor, da compañía Elefante Elegante, é unha adaptación do clásico de Shakespeare, un espectáculo teatral dirixido a público adulto que estará seguido dun coloquio dos actores co público guiado por María Lado. A peza trata temáticas de relevancia na actualidade e pon o foco na igualdade de xénero.

A Rede de Dinamización Lingüística levará esta peza ao Culturgal e mais a dous concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Melide e Sanxenxo.

Galego

Rockciclando con Ramona Órbita

O coñecido músico infantil Pakolas e a ilustradora Laura Romero únense nun espectáculo musical e visual para público familiar e infantil que lle ofrece á rapazada a posibilidade de participar das aventuras de Ramona Órbita na procura da tecnoloxía para conseguir xerar enerxías limpas e así conseguir mellorar o noso mundo. Mentres Pakolas conta, canta e toca a súa guitarra, Laura irá ilustrando a historia no seu cabalete/mural.

Galego

Cómica de lingua

A amizade, o amor, o bo humor, o enxeño e a intriga van da man. Cóntase a historia dunha cómica ambulante que transita polo Camiño de Santiago armada de poesía e pandeireta e que chega cansa a unha pousada onde se atopa con diferentes hóspedes que teñen moito que contar. Ela mesma tamén é portadora da nosa rica tradición oral. Da súa boca abrollan ditos, trabalinguas, adiviñas, contos e lendas.

Este outono, as súas historias chegarán, da man do FalaRedes, aos seguintes concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Ribadavia, Mondoñedo, Bergondo e Vila de Cruces.

Galego

Crónicas do paraíso

No 40 aniversario da morte de Álvaro Cunqueiro, o programa de dinamización lingüística FalaRedes réndelle homenaxe ao ilustre mindoniense con esta peza de Sarabela Teatro baseada na súa obra As crónicas do sochantre. Trátase dun espectáculo teatral e musical para todos os públicos cheo de humor e de sensibilidade. Acollerán as representacións Cambados, Mondoñedo e Padrón.

Galego

Cine na rúa

10 sesións de cine ao aire libre levarán a concellos da RDL o máis significativo da sétima arte feita en Galicia e en galego nos últimos anos. Pradolongo (2008), Vilamor (2012), A esmorga (2014) e Sicixia (2016) calaron na sociedade e constitúen auténticos estandartes da cinematografía galega. Logo do éxito no percorrido de cada unha das longametraxes volven ao seu público, no seu idioma, completando o percorrido e normalizando o uso da nosa lingua galega no eido cinematográfico e no tempo de lecer dos galegos.

Galego

Mezzo

Giovanni di Mezzo, botánico, explorador e naturalista xenovés do s. XIX, descobre unha illa no océano Pacífico que lle dá acubillo a estrañas criaturas, descoñecidas especies de insectos xigantes da Era Mesozoica que sobreviviron á grande extinción.

Galego

Un rei e outros animais

Durante a representación, os nenos e nenas contarán e cantarán historias e pezas da tradición galega e outras de nova creación, todas protagonizadas por animais, coa axuda de xoguetes sonoros e monicreques variados.

Un rei e outros animais visitará en setembro 6 entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Melide, Boqueixón, Fene, Celanova, Mos e Padrón.

Galego

Rilla rilla

Donas e cabaleiras, señoras e señores, picarada toda... benvidas ao concurso sobre a lingua onde apañamos as palabras coma se fosen berberechos, onde o rotacismo forma parte da banda sonora e o seseo nos ha facer viaxar entre valumada. Se non oístes falar do cínefre, ou non sabedes o que é un día de garabullos, se nunca se pousou en vós unha lagáchima, andade atentas! Abride ben os ouvidos e deixádevos levar por esta música de salitre. Remangade ben o pantalón, que para apañar palabras é preciso mollar os pés! Preparádevos para recoller eses vocábulos que case nunca medran nos libros.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - FalaRedes