Memorias dun neno labrego
A compañía Contraproducións trae ao programa de dinamización lingüística FalaRedes o monólogo narrativo-teatral Memorias dun neno labrego. A peza está baseada na novela homónima de Xosé Neira Vilas, que foi o primeiro best-seller da literatura galega e de cuxa publicación se fan neste 2021 os 60 anos. Esta é, pois, unha homenaxe ao libro que lle descubriu a literatura en galego a varias xeracións de mozos e mozas, ao seu autor e a todos os nenos labregos que foron e son.