FalaRedes

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

C@nto contigo

C@nto contigo” é un espectáculo onde a música, o baile e as risas farán que saquemos a nosa lingua a voar, achegando o galego á xente miúda e ás súas familias de xeito lúdico e divertido. Retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos. Un percorrido por cancións da súa traxectoria percorrendo un amplo abano de estilos musicais , dende o techno ao rock, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.

Galego

Cadernos de cores e cancións

“Cadernos de cores e cancións” é un espectáculo musical de Magín Blanco e Pablo Vidal dirixido ao público infantil e familiar que propón un percorrido pola creación musical e literaria das cancións. Partindo do legado dos trobadores e trobadoras, esta proposta de dinamización en formato concerto-obradoiro repasa diferentes cancións en lingua galega e facilita un espazo de interacción e intercambio co público para que, de forma colectiva, se cree unha nova peza.

Galego

O porco de pé

“O porco de pé”, o novo espectáculo de Producións Teatrais Excéntricas, leva ao teatro a novela de Vicente Risco coa que Galicia entrou na modernidade literaria hai case 100 anos. Esta versión de Quico Cadaval e Pepe Sendón conta coa aprobación da Fundación Vicente Risco.

Galego

Lendo a ciencia

“Lendo a Ciencia” é unha iniciativa que mestura actividades presenciais e dixitais e ten como eidos condutores a lingua e a ciencia. Durante a xornada, gozaremos da ciencia e da literatura a carón das iniciativas Festiciencia e Festiletras. Diferentes escritoras e escritores galegos de literatura infantil e xuvenil presentarán os seus libros ao público que gozará tamén de obradoiros ligados ás temática dos libros. Isto irá acompañado de actividades paralelas e da creación dun conxunto de pílulas dixitais de literatura e ciencia.

Galego

Petiscos de lingua

“Petiscos de lingua” é un espectáculo que ten como finalidade dar a coñecer e fomentar a práctica de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia no ámbito familiar e da veciñanza para contribuír á transmisión interxeracional da lingua. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma de ditos tradicionais como os recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro baixo o nome de “Brincadeiras da lingua”. 

Galego

Festa miúda

"Festa miúda", de Urdime, será unha xornada de celebración con música e teatro para o público infantil e familiar. Un espazo festivo onde compartir, escoitar e divertirse en galego. Unha tarde enteira para cantar, contar e bailar con Charo Pita coa súa “Familia Papaventos”, a quen seguirá a “A fiestra dos soños” de Trotaventos e, para pechar, os contos, historias e monicreques de Pablo Sánchez, Pablísimo. 

Galego

Xela contra o dragón Traga-verbas

A súa protagonista, Xela, de 10 anos, ten que liberar aos seus compañeiros de escola, atrapados polo malvado Katraska quen, valéndose do Dragón Traga-verbas, os ten escondidos na cova do trasno. Alí permanecerán ata que esquezan o galego, a súa lingua nai, e se convertan nos seus secuaces. Trátase a importancia do uso cotián da lingua galega, e da conservación da nosa identidade. A continuación de cada representación, lévase a cabo un obradoiro para traballar os conceptos presentados na obra e recoller os resultados no libro Memoria das Verbas recuperadas.

Galego

Toupiciencia Show

A Xanela do Maxín presenta este espectáculo de monicreques para público infantil e familiar no que se fomenta e promove a divulgación científica en galego nun espazo de convivencia e proximidade. Nel tamén se comparten experiencias e ábrese o camiño ao diálogo e interacción.

Galego

As Armadanzas

A coñecida cantante de Leilía, Montse Rivera, ofrécenos un espectáculo no que pon a bailar ao público familiar. A proposta emprega como fío condutor un diálogo entre un mozo e unha moza nun tempo pasado, onde a conversa en lingua galega, e por extensión a música e o baile, servían como base das relacións humanas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - FalaRedes