Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Os ratiños da caixa

Os ratos da biblioteca que encarna este espectáculo para Ler conta moito proceden de Lonxedetodo, lugar onde os libros e a lectura son moi importantes na vida da comunidade.

Os obxectivos desta actividade son promover a lectura, espertar o gusto pola literatura, estimular a sensibilidade, a imaxinación, a creatividade e o espírito crítico dos nenos e nenas a través da narración dos contos e, singularmente, dos distintos xeitos de contalos.

Nenos e nenas: de 3 a 8 anos

Galego

Caderno de lectura con Zentangle

Neste obradoiro para Ler conta moito utilizarase o método zentangle para decorar un caderno de lectura. É unha técnica sinxela que consiste en trazar patróns repetitivos que crea belas imaxes e fomenta a tranquilidade e a concentración, desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística.

Nenos e nenas: 7 - 12

Galego

Romaría

Espectáculo de narración oral para Ler conta moito, onde as nosas lendas tradicionais lles achegan o mundo rural e antigo ás rapazas e aos rapaces, descubríndolles á maioría un modo de vida descoñecido.

Nenos e nenas: a partir de 3 anos

Galego

Comechíns, segundo prato

Nesta actividade de Ler conta moito, nenos e nenas mergúllanse nun mundo imaxinario, no que as cativas e os cativos -ou non tanto- descubrirán como a lectura pode abrir o apetito... E sobre todo, que cousas convén comer para saciar ese apetito.

Nenos e nenas: 4 a 10 anos

Galego

O curral de Cocoricoricó

Sinopse da actividade: No país de Cocoricoricó pasan cousas moi estrañas. Alguén roubou o arco da vella e ningún animal consegue atopalo. Pero as pitas e os pitiños do curral de Cocoricoricó sairán na súa busca e non pararán ata atopalo.

Actividade de contacontos para Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Bebés de 0 a 3 anos

Galego

As aventuras de Mamá Cabra. Contos que saen dos libros

Gloria Mosquera leva máis de quince anos creando cancións coas que gozar, aprender e cantar coa música do grupo Mamá Cabra, e coas que encher o mundo de notas musicais de cores vivas con cheiro a campo verde, de sons que darán vida a historias máxicas.

Nesta ocasión para Ler conta moito e na compañía de Iago Rodriguez, ás teclas e percusións, levaranos polas creacións deste grupo, coñecido por pequen@s e maiores.

Nenos e nenas: de 2 a 10 anos

Galego

Biotecnólogos na biblioteca

Alguén roubou un valioso manuscrito na biblioteca. Afortunadamente téñense restos biolóxicos do ladrón. Para descubrilo haberá que extraer ADN das mostras e comparalo cos sospeitosos.

No obradoiro de Ler conta moito resolverase o caso con material de cociña e aprenderemos que é a biotecnoloxía.

Nenos e nenas a partir de 6 anos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito