Á escena contos!
A mellor parte de calquera espectáculo é crealo, e iso é exactamente é o que se fai nesta actividade de Ler conta moito. Crearase un espectáculo audiovisual a partir dun conto: crearanse os personaxes, a escenografía, a música, e o mellor de todo, con público!
Rapazas e rapaces aprenden a preparar unha contada e logo poderase repetir a experiencia cando, como e onde queiran, só precisan dúas ferramentas: a creatividade e un conto!