Debuxo rítmico
O debuxo rítmico é unha proposta que desde a música ordena os primeiros trazos de garabateo ao conectar ritmo, palabra e gráfico. A través da canción e a música traballaremos o corpo, as partes do corpo e o movemento de cada un deles. A nena ou neno seguirá o rítmo camiñando, correndo, saltando e repetindo coa voz até debuxar no aire os trazos que escoitaremos na canción.
Obradoiro dentro do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Nenos e nenas: 3-12

