Maxia divertida 2.0
O Mago Paco chega cunha morea de contos e historias para, empregando a maxia e diferentes xogos, descubrir a 'maxia divertida' escondida nos contos.
Para nenas e nenos de 3 a 12 anos.
O Mago Paco chega cunha morea de contos e historias para, empregando a maxia e diferentes xogos, descubrir a 'maxia divertida' escondida nos contos.
Para nenas e nenos de 3 a 12 anos.
Unha xuntanza de corvos vellos, cheos de experiencias, é o punto de partida desta actividade, na que se poderán descubrir diferentes animais e como son.
A partir de 5 anos
Mary Poppins en persoa visita aos participantes nesta actividade, que adentra aos cativos no mundo da literatura e dos libros.
Entre 3 e 13 anos
Dirixida ao público infantil e familiar, TIC TAC TOC Canta comigo usa a música para tratar temas que fomenten o cariño á lectura e aos libros, a ilustración, a ecoloxía, a paz, o respecto á diversidade e ás emocións, a importancia das tradicións etc
A partir de 4 anos.
Raposadas é un espectáculo de contos de tradición oral con obxectos e monicreques.
A historia segue a unha raposa, moi lista e moi curiosa, á que lle gusta vivir libre no monte pero tamén visitar de cando en cando a aldea para ver xogar aos cativos e escoitar os contos que lles contan na lareira.
Da man de Paco Nogueiras, os cativos de 5 a 11 anos descobren música, teatro e danza no espectáculo de Radio Bulebule. Un xeito de vivir a radio en directo e de descubrir a linguaxe universal da música.
Espectáculo baseado no libro-cd-dvd Radio Bulebule e publicado por Kalandraka Editora.
Cores é un espectáculo de narración oral para nenas e nenos (con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos) desenvolvido pola contadora Marta Ortiz e con música orixinal de Brais das Hortas.
A historia segue a Lila, unha rapaza que de súpeto comeza a soñar en branco e negro. Para recuperar a alegría de Lila e volver ás cores, os cativos terán que cantar, que bailar e que axudar a rematar os contos.
As bibliotecas convértense nun lugar de encontro cos personaxes e aventuras que se agochan nos libros nesta actividade baseada en música cun aire rock e blues para que os máis cativos as canten e bailen. A proposta complétase con xogos e animacións, nunha intervención na que se mesturan cancións e contos animados con rock e blues.
Un espectáculo interactivo de divulgación científica, a cargo do mago Richard. Durante a actividade lévanse a cabo demostracións de ciencia e de maxia: as experiencias teñen unha explicación científica ou máxica, e o público será o encargado de dilucidar que hai detrás de cada unha.
Este espectáculo propón un percorrido pola historia da ciencia, dende o big bang aos buracos negros.
Actividade pensada para que o público asistente participe na creación de elementos personalizados cara as letras e a lectura. O obradoiro está enfocado á adaptación de bolsas ou mochilas para lectores e lectoras, a través de deseños relacionados co mundo dos libros e da lectura. Empregaranse distintos materiais, como feltros, retallos, cintas, abelorios etc, ademais de aportar distintas ideas e modelos, coa vocación de que os participantes lle dean renda solta á súa imaxinación.
Para público a partir de 6 anos.