Ler conta moito

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Radiocontada

Esta actividade está pensada para que o público máis novo se achegue á radio, aos podcasts e á sonorización de contos. Neste obradoiro crearán os seus propios aparellos sonoros para ilustrar un conto, e será ademais a voz dos asistentes a que dará vida á historia. Unha forma coa que aproximar aos máis pequenos e pequenas á literatura dende a maxia do son.

Galego

A maxia dos contos

Espectáculo de animación á lectura, con maxia, contos, monicreques, adiviñas, participación do público, diversión e moito máis. O contacontos irá introducindo aos espectadores e espectadoras no mundo máxico dos contos coa axuda dunha maleta máxica e da man dos seres fantásticos que nela habitan.

Galego

Comerá o bebé?

A música en directo enfía contos, poemas, retrousos e xogos de man... todo para intentar que un bebé coma. Con este punto de partida, o espectáculo repasa parte da tradición oral e literaria, nunha verdadeira animación á lectura en familia.

Galego

Ruta propia

Espectáculo a través do que se dará a coñecer aos asistentes a homenaxeada nas Letras Galegas 2018, María Victoria Moreno.

Sinopse: Aparece na biblioteca un caixón cheo de libros, xoguetes, chapeus, fotografías, follas escritas... Un verdadeiro tesouro que levará ao espectador a coñecer o mundo cheo de historias creado e soñado por María Victoria Moreno. 

 

Galego

De trebellos, perellos e fedellos

Recital poético, pictórico e escénico a cargo do artista Marcelino de Santiago (Kukas). Co apoio de distintos recursos artísticos, como a pintura en directo, obxectos e monicreques, o artista recitará varios poemas do libro De trebellos, perellos e fedellos, do que é autor e ilustrador. A continuación os nenos asistentes serán convidados a crear e ilustrar o seu propio poema.

Galego

Contos no faiado

Sinopse: Contos no faiado conta a historia de Uxía, unha boneca que vive soa e abandonada nun faiado. Un día dáse conta de que alguén máis está con ella. É un gato tristón que non sabe nada da vida. Uxía intenta animalo contándolle historias pero o animal non fai outra cousa que comer ratos e paxaros, feito que non lle gusta nada á nosa protagonista. Será quen Uxía de que Gato deixe de comer outros animais? Poderá ensinarlle como é a vida?

Elenco: Alba Martínes e Tone Martínez

Galego

Carmiña, a meiga

Carmiña, meiga e poetisa, vive nos montes rodeada de beberaxes e herbas máxicas. Os seus conxuros fan tremer á poboación...mais non sempre lle saen moi ben. Canta e conta á natureza, así é que ten unha chea de amigas que a acompañan.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Galego

A máquina do tempo

A doutora Mon e o seu axudante Pe logran construír unha máquina do tempo coa que nos amosaran a verdadeira historia das civilizacións mandando a Pe e a “algún voluntario ou voluntaria” a distintas épocas da nosa historia.

Para nenos e nenas de 5 a 12 anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Ler conta moito