Helen Keller, a muller marabilla?
Todo comeza ao descubrir os textos e o activismo político dunha muller chamada Helen Keller, nacida en Tuscumbia (Alabama), que se converte nunha celebridade mundial ao ser a primeira persoa xordocega en obter un título universitario en 1904 en Harvard. A súa vida foi fixada na memoria colectiva como un exemplo de superación e a maioría dos seus escritos acabaron rescatados como simples aforismos motivacionais.