Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Un home con lentes de pasta

Sheyla acaba de ser abandonada pola súa parella.  Laura e Fer quérena animar para que aproveite a oportunidade e faga realidade os desexos que aparcara: escribir. Traerán a cear a Guillerme. El é o poeta capaz de namorar a calquera cuns breves versos. Pero a Guillerme non lle van satisfacer as conversas banais nin os frívolos momentos de distensión. Guillerme desexa algo máis.  Sheyla, Laura e Fer son máis fráxiles do que cren, as súas vidas penden dun fío, afóganse na dúbida, algo que Guillerme non vai desaproveitar. 

Galego

Experiencias

EXPERIENCIAS é un espectáculo que mestura o mundo do real e o dos soños. Grazas á proximidade que establezo co público desde o primeiro minuto créase un clima distendido e emotivo no que miles de sensacións e emocións flúen en todos os sentidos, fácendote vivir, en cada xogo, unha auténtica experiencia.

Galego

Top Manta

TOP MANTA (version pequeno formato), cóntanos unhe serie de historias, actuais, cercanas e sorprendentes, nas que o humor se funde co teatro para crear un “coctel explosivo” que nos fará estoupar coa risa.

Divertidas imaxes de transición, intercalados ao longo de toda a peza van complementando as escenas, ao tempo que potencian o ritmo narrativo.

As distintas historias que se presentan, ofrecen sorpresas continuas, que fan que os espectadores saian do teatro eufóricos, felices e con ganas de volver.

Galego

Arte sen guión

A derradeira banda de comedia da Idade Media quere presentar ante o público un espectáculo coma os que representaban na sua época… pero con tanta festa e tanta viaxe no tempo esqueceron todos os seus diálogos. Ante a imposibilidade de atopar os escritos do seu repertorio, tratarán de improvisar o seu número, deixando que a intuición, o oficio e a música sexan a guía para levar a cabo unha función ao máis puro estilo do seu século.

Galego

Pedro e o lobo

Os pais de Pedro, incapaces de conseguir que o avó Isolino vaia vivir con eles para a cidade, envíanlle nas vacacións ao neto para que coide un pouco del. Para Pedro saír da cidade e ir pasar uns días co seu avó, que vive en Montefurado nun vagón ao pé da vía; significará unha grande aventura. Pero, descoñecedor dos codigos da aldea, meterase en problemas co lobo ao que finalmente, con valor, astucia e a axuda involuntaria dun gato, conseguirá cazar.

Galego

A parábola do angazo

No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan morniñas que non dan dito nada, e algunhas tan afiadas que mesmo parece que aguilloan ao falar.
E entre todas elas está a nosa, a galega. Con 'A parábola do angazo' queremos sacar a lingua a pacer. Imos botar unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello ao que haberá no futuro.

Galego

Iphixenia na porta do súper

Iphixenia na porta do súper é unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión premiada como mellor texto do 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play. Estreada xa en varios países cun éxito rotundo, a súa adaptación ó español consagrou á actriz María Hervás conseguindo o premio Max á Mejor Actriz Protagonista, Mejor Espectáculo Revelación e Mejor Versión Teatral.

Galego

Nina Ninette

Nina, valente e alegre a partes iguais, atopa unhas flores moi especiais que a levan a descubrir un mundo fantástico, habitado por seres máxicos, poderosos e divertidos. Todo é tan diferente, tan brillante, tan fermoso! Mais Nina sinte a falta do seu fogar e decide marchar. A cuestión é que ese mundo é un labirinto e como todos os labirintos, é moi doado entrar pero ben complicado sair. Será quen de conseguilo?

Nina Ninette é un conto iniciático que se inspira na estética do Ballet Triádico celebrando o centenario da súa estrea, para danzar unha historia de beleza e rebeldía.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios