Casting Lear
O meu pai é Lear, pero nunca entrou nun teatro. Eu son Cordelia. E son directora de teatro. Como ela, vou buscar a Lear, vou atreverme a miralo e vou tentar perdoar. E vouno a facer desde un escenario. Cada noite, un actor distinto, será Lear, será o meu pai, será un posible pai, un que se queira sentar nun teatro para conversar.
Vou ser Lear eu tamén, e como el coas súas fillas, vou facer un casting, un casting de pais.