Madame Lumière
O atardecer, cos últimos raios de luz do día, entra no teatro. Entre a escuridade e as cores avermelladas, alaranxados e azuis, irán aparecendo, personaxes máxicos, grilos e melodías clásicas que darán a benvida á noite. As estrelas nos guiñarán o ollo e as luces cálidas dos fogares abriranse. Mentres tanto, os máis pequenos de casa, a ritmo dunha sutil melodía, pecharán os ollos entrando nun soño doce e profundo. É nese momento cando chega Madame Lumière.