Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

La violación de Lucrecia

As bases sobre as que se asenta a nosa obra A Violación de Lucrecia de William Shakespeare, ten a súa orixe nun suceso histórico ocorrido en Roma 500 anos a. de C. e descrito tanto por Ovido como por Tito Livio: A violación dunha dama romana, chamada Lucrecia, por parte do príncipe Tarquino.

Galego

#Influencers

Sé testemuña do evento do ano, o Elo Mais Influencer Race Spain, un concurso no que diferentes creadores de contido competirán entre sí para demostrar quen é o mellor! En que consistirán as probas? Quen decide os desafíos? A que público vai dirixido? Incógnitas que os nosos influencers deberán enfrontar se non queren arriscarse a perder un só like.

Galego

Transeúnte

TRANSEÚNTE é un espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Galego. Neste espectáculo para sala de 4 bailaríns e 2 músicos en directo brilla o diálogo entre a música, o canto e a danza tradicional coa danza contemporánea, e os seus contextos. Invita a mergullarse nunha experiencia multisensorial onde corpo, música e tecnoloxía se entrelazan para construir un contexto único, cunha visión xuvenil, fresca e actual da simbiosis entre tradición e comtemporaneidade. 

Galego

Vitória

VITÓRIA é o retrato dunha denuncia. Unha peza de teatro autobiográfico que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz Iria Pinheiro cando interpuxo unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba.

A peza reconstrúe a historia que vai desde 2017 a 2023, intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía características do cabaret.

Galego

Mangoreté

Mangoreté é unha sátira sobre a sociedade actual, conducida por dúas azafatas chegadas dun misterioso lugar chamado Mangoreté, que convidarán o público a viaxar con elas e “cambiar” para sempre as súas tristes e normais vidas. Un musical no que se abordan con acidez temas tan actuais como as adiccións, a emigración, o machismo ou os canons de beleza.

Galego

O pano

Celia, nada en 1924, vivíu a crueza do patriarcado ao longo do século XX e Sau vive as consecuencias do seu enquistamento nun probable devir distópico en pleno corazón do século XXI. Son dúas mulleres entre as que existe unha conexión atemporal.

Galego

"J, K, W e Y": unha escolma de despropósitos

Se crías, despois de ler no google maps, que “Valle de Oro” era un desleixo á nosa cultura ou se pedir no restaurante “carne al caldero más un albarito” era estar á moda, agarda ouvir o que seleccionamos en:

“J, K, W e Y”.

Un espectáculo con mollo de antoloxía da actualidade lingüística: máxico e poético, unha desfeita etnográfica, unha escolla de ilusionismo, humor, participación e un abandono total da nosa historia.

Un renovado abecedario, cun alcouve de novos pensamentos por agromar no cedo, repousa nesta colleita escénica de irresponsabilidades.

Galego

Concerto de Misuria

Misuria é un quinteto que fai das súas actuacións unha homenaxe á música tradicional norteamericana dende a súa raíz blusera, que forma o groso do seu repertorio. Así, atoparémonos estilos tales como o folk e country blues, xunto ao gospel, swing, bluegrass e outras expresións.É por iso que o grupo presenta instrumentación tradicional, onde destacan as harmónicas, o kazoo, a táboa de lavar e o slide, nun intento de recrear os vellos sons que nunca deixarán de emocionar e as vellas letras que na persoa de Alba "furacán" fanse canción.

Galego

Non pasarán

"NON PASARÁN" é unha poderosa obra de teatro que explora a persistencia das ideoloxías intolerantes ao longo do tempo. Inspirada na obra clásica "Biedermann e os Incendiarios" de Max Frisch, esta produción contemporánea de Ártika Cía. lévanos a través de tres épocas cruciais: os anos 1920, 1980 e 2020, destacando como estas ideoloxías rexurden e adaptanse en diferentes contextos históricos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios