Evento: O fado en Portugal
O fado en Portugal
O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d'Aquí organizan un ano máis estas converxencias destinadas a estreitar os lazos culturais entre as comunidades galega e portuguesa a través da unión entre voces e músicas, danza, teatro, cinema e literatura, nun encontro que nesta undécima edición terá actividades en Braga, Padrón, Ponteareas, A Estrada e Santiago de Compostela.
Este XI Festival cultural Convergências conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral da Lingua, así como dos concellos da Estrada e Ponteareas, a Fundación Rosalía de Castro e este ano tamén de Braga 25 Capital da Cultura de Portugal.
Do 3 de febreiro ao 15 de marzo.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso