Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Resoando no pasado

‘Resoando no pasado’ é unha viaxe pola historia da humanidade a través dos instrumentos. Abraham Cupeiro guíanos neste percorrido botando man da súa enorme colección de instrumentos milenarios.
Faino con moito humor e a pedagoxía de quen coñece os instrumentos de arriba a abaixo. E é que Abraham Cupeiro constuíu el mesmo algúns como o Karnix ou o Cornu, reconstruído a partir duns planos atopados en Pompeia.

Galego

Gorka Urbizu

Hasiera Bat’ (Un comezo) é o primeiro disco que Gorka Urbizu asina co seu propio nome. Tras unha carreira de 25 anos á fronte de Berri Txarrak, o músico navarro aposta pola beleza e a crudeza, e propón unha viaxe ao propio corazón da canción.
Fuxindo de calqueira tentación de ir sumando capas e capas de son, o autor elixe a vía contraria: parece ter unha premisa en todo o álbum de desnudar e vaciar as cancións ata deixalas na súa mínima expresión. Belas. Cruas. Puras. E iso que as fan resistentes coma rochas, fraxis coma unha folla ao vento.  
 

Galego

León Benavente

Este 2024 sairá Nueva sinfonía sobre el caos, un traballo corto e directo, cancións clásicas en estrutura pero valentes e arriscadas na forma, poderosas e bailables, hedonistas e, á vez, reflexivas. Un conxunto de voces e instrumentos, ritmos e texturas que representan para León Benavente a sinfonía dun novo tempo no que parece que vivir rápido é a única solución a unha constante incógnita.
Presentarán este novo disco en una extensa xira por España coa que tamén volverán cruzar o charco, visitando varios países de Latinoamérica.
 

Galego

Fantastic Negrito + Madame Bird

O derradeiro dos pratos fortes do Outono Codax Festival 2024 chega á Sala Capitol con dous Grammys na maleta.
O músico de Massachusetts xa anunciou que no seu concerto no Outono Códax presentará un novo disco, do que polo momento descoñécese tanto o título como a data de lanzamento.
A representación galega desta última cita do Outono Códax xunto a Fantastic Negritocorre a cargo de Madame Bird que é o proxecto de Carla de Figueredo, a voz mais prominente da escena "negra" galega.
 

Galego

The Sheepdogs

The Sheepdogs é un dos pratos fortes do cartel do Outono Codax Festival 2024.
Levou o seu rock sureño e psicodelia da vella escola a un nivel internacional gañándose o corazón dos amantes da música en todo o mundo. 
The Sheepdogs teñen tocado en festivais lendarios como Coachella, Glastonbury, e Lollapalooza. Goza do título de ser a primeira banda da historia sen un contrato firmado cunha discográfica que é portada na revista Rolling Stone e foron galardoados con múltiples premios e recoñecementos, incluíndo varias certificacións de platino en Canadá.

Galego

The Courettes

“A formación de rock and roll de dúas persoas máis grande do mundo”, así definiu a publicación británica The Next Big Thing a esta alianza entre Flavia Couri (guitarra e voz) e o batería Martin Couri. 
Veñen para abrir esta XIV edición do Outono Códax no Riquela Club avalados polo lendario selo  londiniense Damaged Goods cunha proposta na que teñen cabida o garaje, o blues, o surf e o rock and roll tinguido de amor polos anos 70.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto