Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Sergio Dalma

Volve un dos artistas imprescindibles para o panorama musical nacional. Volve Sergio Dalma. E faino cun novo álbum inédito titulado ‘Sonríe porque estás en la foto’. Un novo disco co que o artista celebra con vitalidade e ledicia a súa impresionante traxectoria musical. Sergio quixo transmitir nas súas novas cancións o vitalismo e actitude que lle caracterizan nesta época da súa vida. O resultado é un son fresco e certamente oitentero, tremendamente pegadizo, rexistro co que Dalma se sinte moi cómodo, pero sen perder o “estilo Dalma” das grandes baladas que lle caracterizan.

Galego

Real Filharmonía de Galicia-Novas Voces Galegas

As sopranos Emilia Pérez e Lucía Iglesias e o barítono Lucas López protagonizan este serán lírico no que poderemos escoitar algúns fragmentos de óperas moi coñecidas. As vodas de Fígaro estreouse en 1786, co preceptivo “final vienés” imposto polo emperador, que prohibía presentar óperas tráxicas no seu Teatro Imperial. Máis liberdade creativa tivo Rossini, que en tres semanas compuxo O Barbeiro de Sevilla, baseada tamén na triloxía de Beaumarchais e, como era o seu costume, reutilizando música anterior.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto