Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Los Tiki Phantoms

Os Tiki Phantoms forman parte do cartel de Outono Codax Festival 2024.
Rock and'roll clásico, e especialmente o surf rock presentan o son do cuarteto de música instrumental catalán máis desenfreado, divertido e bailable.
Los TikiPhantoms preséntanse como El Dorado (guitarra solista), El Caníbal (guitarra rítmica), El Jíbaro (baixo) e El Bravo (batería). Levan dúas décadas enriba dos  escenarios.

Galego

Shantel

Co seu mega éxito internacional Disko Partizani, Shantel converteuse na cara audible dunha nova cultura musical e da danza en todo o mundo. Foi o primeiro en darlle á cultura pop actual un son cosmopolita polas súas raíces familiares de múltiples capas. Con Shantel, a migración é audible e bailable. As xoias musicais do sueste de Europa, Grecia e Oriente Medio aparecen nun novo contexto multicapa.

Galego

Marina Satti

Cantante, compositora e produtora musical combina sons gregos, balcánicos e do Mediterráneo oriental con outros contemporáneos, revolucionando así os códigos da música moderna ao tempo que abraza plenamente as súas raíces e herencia.

Galego

Sumrrá & Niño de Elche

O recoñecido trío galego SUMRRÁ presenta un novo proxecto xunto ao cantante multidisciplinar NIÑO DE ELCHE. Un feliz encontro que chega de tras unha extensa e premiada traxectoria artística na que seguir explorando as posibilidades da música sen límites artísticos. Dúas forzas creativas que representan a vangarda musical nacional e que se unen para ofrecernos un proxecto sen precedentes.
+INFO FESTIVAL MARÉ

Galego

A Banda do verán

 

Este espectáculo musical e teatral da Banda do verán baséase no libro-disco editado por Galaxia Estamos no verán!!!

Quen non pensou algunha vez de pequeno na posibilidade de montar unha banda de música?

O artista Xoán Curiel protagoniza este show. Partindo do relato de como comezou a coñecer e conectar que música, as nenas e nenos acompáñano nesta aventura mentres o espectáculo vaise transformando nun concerto.

Galego

Sam Doores & Casey Jane + Julian Maeso Sexteto

O Holanola Lab-Fesitval xorde coma un acontecemento impredicible. A súa premisa principal é que o espectador e os músicos teñan un lugar de encontro atravesado por diferentes achegas culturais, para xerar un intercambio de saberes ao redor da música. A referencia atmosférica do encontro é Nova Orleans, cidade que deu orixe ó jazz, pero o festival non ten límites de estilo, o principal é construír unha comunidade máis aló do escenario.

Galego

Sabine McCalla, Duff Thompson & Max Bien Khan

Holanola é un festival aberto musicalmente a moitos estilos, ecléctico, entendendo o encontro como unha mestura de diferentes influencias afastadas do elitismo e cun carácter marcadamente popular. Nese sentido, o programa integra diferentes achegas, desde sons máis locais ata outros universais coma o rock’n’roll. Ademais dos concertos o festival incorpora unha serie de conversas culturais ao redor da música, os seus contextos e derivas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto