Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Joe Lastie´s New Orleans Sound W/ Carlos Childe Band

Joe Lastie, batería da Preservation Hall Jazz Band durante máis de 30 anos, é un ícono deste instrumento en Nova Orleans. Proveniente dunha destacada familia musical, o seu avó Frank Lastie foi pioneiro en tocar a batería en igrexas de gospel. Joe acompañou a lendas como Fats Domino, Irma Thompson, Allen Toussaint, e The Blind Boys of Alabama, entre outros. Segundo o New York Times, a súa actuación incrementa o entusiasmo, o humor, o swing e a plenitude de son.
 

Galego

Tia Carroll

Tia Carroll é soul, blues, poder e paixón. Ela canta ao corazón desde o corazón. California está ben representada cando esta poderosa vocalista comparte o seu talento en todo o mundo.
Tia encabezou exitosas presentacións en festivais, clubs e teatros de medio mundo. Inspirada por lendas da música como: Koko Taylor, Tina Turner e Aretha Franklin, labrouse un nome no circuíto musical.
 

Galego

Ill pequeño & Ergo pro

Ill Pekeño & Ergo Pro seguen a fortalecer a súa posición como dous piares do rap en castelán. Se de algo saben estes dous músicos de Madrid Sur é de perseverancia, traballo e equipo. En maio pecharon a súa Pretemporada, e o 31 lanzaron o primeiro álbum de Ill Pekeño: P.E.K.E. (Poca Estatura Korazón Enorme) onde Ergo Pro tamén é artista fundamental. E é que nesta dupla ambos brilan con luz propia pero cando se unen son indestructibles.

Galego

Triángulo de Amor Bizarro

Para conmemorar os 20 anos que a banda leva nos escenarios, na súa xira XX20 AÑOS DEL TRIÁNGULO, Isa, Rodrigo e Rafa poñense en mans do Tarot.
Ao inicio de cada actuación serán o Azar e o propio público de cada cidade quenes decidan qué 2 discos íntegros se tocarán en cada concerto, de entre os 6 que compoñen a súa discografía, convertidos en cartas tarománticas.
Ningún concerto de esta xira será igual ao seguinte. Cada un será unha experiencia única e irrepetible da que só poderá deisfrutar quen veña a xogárselo todo a 2 cartas con TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO.
 
 

Galego

PABLO SANMAMED TRÍO e BENXAMÍN OTERO · Zugunruhe. Inquietude Migratória

Pablo Sanmamed presenta o seu terceiro álbum de estudo baixo o título de Zugunruhe. Inquietude Migratória: un comportamento ansioso que se dá nos animais migratorios aos que se lles impide migrar, especialmente nas aves. Este concepto motiva parte das composicións deste disco, como tamén o fai o seu antónimo, a quietude, ou a ausencia desa necesidade de movemento.

Galego

Sús & Mel

Sús é o proxecto a solo da artista portuguesa Susana Nunes,  unha proposta entre a electrónica experimental e o art pop que se move entre diferentes formatos de expresión artística, a música electrónica de vangarda, o fado e a lírica portuguesa, sempre co son e a exploración da voz como vehículo principal.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto