Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Atardecer no Gaiás-Amoebo

Amoebo é unha proposta de música urbana que roe nos ritmos latinos e o idol pop dos 80 para deconstruír a verbena galega. Un cóctel interxeracional e inclusivo que escoitan as amigues e bailan as avoas. Festa, baile e letras que reflicten temáticas que tocan no costumbrismo, o amor, o sexo e o día a día da xuventude galega. Co seu primeiro álbum, Cada vez mellor, e un directo explosivo, prometen que non quede ninguén sen bailar no Gaiás.

Galego

Atardecer no Gaiás-Cosmic Wacho

Usando a cumbia, filla predilecta do ritmo latinoamericano, como nave nodriza, Cosmic Wacho (dúo formado polo malagueño Aless e o arxentino Franco Felice) recrea un universo musical onde os Meridian Brothers toman tequila con C. Tangana. Un baño de burbullas en pleno mar tropical que aposta por tender pontes entre os sons latinos e a vangarda urbana.

Galego

Atardecer no Gaiás-Alana (Xuventude Crea)

Alana é un trío formado por Antía Vázquez, Eloy Vidal e Pablo Castro, gañadores do Premio Xuventude Crea 2023 na categoría de música. A súa proposta parte da recollida de cancións tradicionais que acompaña de ritmos de base electrónica e pop. En directo, o seu estilo vén marcado pola presenza das percusións tradicionais e melodías que convidan ao baile. Presentarán en Atardecer no Gaiás o seu primeiro disco, O xeito á cántigha
 

Galego

Atardecer no Gaiás-Bewis de la Rosa

Bewis de la Rosa fai do 'rap-rural' unha proposta artística poliédrica que convida á transformación. Concertos performativos, un fanzine con textos críticos ao amor romántico, un non-vinilo-tomateira e cancións que mesturan hip-hop, latin e folclore para falarnos de decrecemento, feminismos, da ferida histórica e de saúde mental no seu primeiro álbum Amor más que nunca. Un universo escénico con referencias á tradición machega das

Galego

Atardecer no Gaiás 2024-Lucho RK

Apenas un par de anos leva Lucho RK na escena da música urbana e xa ten detrás unha lexión de seguidores que agardan con ansia cada novo single do canario. O último que subiu ao Youtube, Tumbao, acumulou máis de 135k de visualizacións en dous meses. Polo camiño veu sumando tamén colaboracións con artistas consagrados como Juancho Marqués, Wos LasPalmas e outros emerxentes como Ptazeta (Do You Love Me?).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto