Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Siloé

Siloé é unha das propostas máis orixinais da escea musical española. Formado polo vocalista/cantautor Fito Robles, o guitarrista/productor Xavi Road e o batería Jaco Betanzos, este trío de Valladolid foi evolucionando e misturando a canción de autor folk e o pop/rock coa electrónica máis bailable.

Galego

Combo Paradiso

Catro dos máis grandes músicos do soul e rock nacional, Juan Zelada, Julián Maeso, Adrián Costa e Alberto Anaut, forman o mellor combo imaxinable na escena nacional cun novo e refrescante punto de vista con este novo proxecto en castelán

Galego

Grex

Grex deu os seus primeiros pasos no ano 2016 nas rúas de Camden Town coa publicación de distintos sinxelos, Grex non tardou en desencadear unha onda viral nas redes, marcando un fito na súa carreira artística.
No seu máis recente EP, Grex aventúrase na procura dun estilo renovado e máis íntimo, valéndose dunha produción sonora que transmite autenticidade e proximidade.
O ano 2023 foi testemuña do seus sinxelo “Besos de esos”, que tornou nunha sensación en Spotify, acumulando máis de 6 millóns de reproducións e consolidando o seu impacto na escena musical.
 

Galego

Pûlsar to Floyd

A interpretación e o impecable son, xunto cunha esmerada iluminación e a presenza duhna pantalla trasera de grandes dimensións, sumerxe ao público nunha atmósfera que evoca as paisaxes de son e visuais característicos da banda inglesa.

Galego

Eilen Jewell

Trala súa  última visita en 2011 esta será unha boa ocasión para volver ver a unha das artistas máis inclasificables da americana, capaz de gravar dende un tributo a Loretta Lynn ata unha coleción de versións de xemas ocultas do blues.
A Eilen Jewell a teñen comparado con Gillian Welch, Lucinda Williams, Jolie Holland e Be Good Tanyas, e o certo é que teñen algo de todas elas. Ainda que as súas maiores  influenzas son Bessie Smith e Billie Holiday, e iso tamén notase.
 

Galego

Walls

Walls, o polifacético artista español, considerado un dos referentes da súa xeración, anuncia 6 novas datas en España onde, ademais de repasar todos os seus éxitos pasados, vira a presentarnos o seu segundo álbum Luna 18.

Galego

Jungle by Night

Jungle by Night son sete rapaces holandeses que xuntos forman un directo a ter en conta. Seu sétimo e último álbum de estudo, ‘Algorythm’, serve como unha homenaxe a todos os sons electrónicos.

Galego

Masters of Rock XL

Os amantes do rock teñen una cita ineludible coas mellores cancións das mellores bandas da historia do rock en directo de man das súas mellores bandas tributo.
Nice Boys, tributo a Guns and Roses
666, tributo a Iron Maiden
Thunderstruck, tributo a AC7DC
Black Horsemen, tributo a Metallica
 

Galego

U2 Zen Garden

Os fans de U2 están de noraboa! A melor banda tributo do mundo, os italianos Zen Garden, estarán por primeira vez na Sala Capitol de Santiago de Compostela.
Cos ollos abertos e sen necesidade de pechalos, poderás imaxinar en directo ao mesmísimo Bono e aos seus inseparables músicos de U2 interpretando With or without you, One ou I still haven’t found what I’m looking for. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto