Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Amigos

"Hai amigos grandes. Amigos pequenos.

Amigos redondos e amigos salgados.

A todos quéroos igual. Porque son os meus AMIGOS."

Bebeconto para bebés de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta. 

As inscricións poden facerse dende o venres anterior á actividade chamando aos números de teléfono 988 788 385 / 386.

Galego

Chimpo de rá

Nano é o maior e dá grandes chimpos da ra, Nona a súa irmá pequena, cae, non sabe e rise dela.

Nano ten celos de Nona "Agora (pensa) todos os agarimos son para Nona, Nona para aquí, Nona para alá..."

Nano quere volver a ser pequeno outra vez.

Bebeconto para bebés de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta. 

Inscricións dende o venres anterior chamando aos números de teléfono 988 788385 / 386

Galego

Homenaxe a Xosé Vizoso

Contacontos ilustrado en homenaxe a Xosé Vizoso para celebrar o Día da Ilustración 2025. Ao remate faremos, nun obradoiro de debuxo, a caricatura do autor homenaxeado.

Xosé Vizoso, nado en Mondoñedo en 1950, é un artista gráfico galego. En 1968 gañou o Premio Nacional de Escultura. Entre os seus labores destacan a restauración da catedral de Mondoñedo, entre 1966 e 1968, a conceptualización de pezas da cerámica galega Sargadelos ou a realización do cartel do Centenario do Celta de Vigo.

Galego

Zapatitos

Qué pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa? Todos os dias chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos, de darlles a a benvida ó lugar onde vivirán para sempre, un lugar onde compartir emocións coas belas bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cós namorados, có Sol e a Nube, e con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos. " Zapatos" narra tódalas historias, que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

Galego

O apalpador e a nena sen medo

A Xanela do Maxín

Contacontos con monicreques

O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso a nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños...

Familias con nenas/os (recomendado de 3 a 9 anos)

Actividade gratuíta

Reserva previa a través da web do museo:

Galego

Gran Gala do Circo

Coa Gran Gala do Circo celébrase no Auditorio de Galicia o Día Internacional do Circo. Este espectáculo de variedades coordinado por Pistacatro congrega en escena un feixe de artistas locais e vidos doutras terras nunha festa para o goce do público miúdo e tamén do grande. Non esperedes que volo conten e vide ver o espectáculo máis grande do mundo. Pasen e vexan!
Idade recomendada: Todos os públicosDuración: 75 minLingua: galego

Galego

Lúa

Un día Lúa decide baixar á terra para observar que é o que alí sucede e, sobre todo, a que se debe tanto barullo. 

Neste contacontos, Pepablo Patinho propón unha morea de poemas cunha protagonista común: a lúa; e co obxectivo de que os nenos e nenas recapaciten sobre problemas da sociedade. Temas como as guerras, as fronteiras entre os pobos, o egocentrismo excesivo ou as diferenzas sociais están presentes nos versos de Lúa. 

Contacontos a cargo de Pepablo Patinho.

Salón de actos. 

Publico familiar a partir de 3 anos.

Galego

Fábulas no berce

Contos e cancións para a cativada, narrados con efectos sonoros, xogos corporais e onomatopeas e libros de imaxes. 

Para escoitar á calor dunha aperta. 

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 30 minutos

15 prazas

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral