Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Entre arrolos e contiños

 Entre arrolos e contiños de inverno é unha actividade na que nenas e nenos compartirán con aqueles que os coidan e edúcanos un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns; espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura, a música e a tradición oral.

Data e hora: venres 10 de xaneiro ás 18.00 h.

Público destinatario: bebés ata 3 anos, acompañados dun máximo de 2  adultos

Inscrición previa na web da biblioteca para partir do luns, 30 de decembro ás 9.00 h.

Galego

PequeNiños

Niños que, en vez de ovos, teñen contos que me contou un paxariño.

Para nenos/as de 0 a 3 anos (20 prazas)

Duración: 30 minutos

Horario: 18:00 h.

Ludoteca

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329

Galego

Contos de Mouras

Espectáculo que narra historias das mouras, seres máxicos de Galicia que habitan baixo terra ou baixo a auga.

Tres irmáns deberán aprender todo sobre elas para non perderse no camiño e descubrir as pequenas cousas que son verdadeiramente necesarias.

Para nenos/as a partir de 4 anos (Familiar)

Duración: 50 minutos

Horario: 18:00 h.

Salón de actos

Galego

Contando números cantando cores

Pablo Díaz leva xa 5 traballos discográficos dedicados ao público infantil.

Sesión na que falaremos da igualdade de oportunidades, do respecto, da liberdade e da equidade, principios das vidas das máis pequenas e pequenos.

Para conseguir este obxectivo, Pablo utilizará contos, algúns contos con música para rematar cun pequeno concertiño que versen sobre esta temática, para rematar con algúns dos seus temas máis populares.

Para nenos/as a partir de 4 anos (Familiar)

Duración: 45 minutos

Horario: 18:00 h.

Salón de actos

Galego

Homenaxe a Xosé Vizoso.

Polo Correo do Vento ilustrará e narrará dun xeito lúdico a vida de Xosé Vizoso, o artista homenaxeado no Día da Ilustración 2025.

Data e hora: ventes 31 de xaneiro ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil, a partir de 3 anos.

Sen inscrición previa, ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

O xogo de Nano. Raquel Queizás

Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado; a torta, as candeas, os globos. So faltan os amigos, a que xogarán? Ao rematar terá que bañar e descubrirá o divertido que é coñecer as partes do seu corpo ao ritmo da música.

Idade: de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 440 o luns anterior a actividade.

Duración: 30-35 minutos.

Galego

Universo verso

O Universo Verso está habitado por poemas que falan distintas linguas. Uns riman e outros non, pero todos saben a poesía. Queredes descubrilos?

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 oluns anteriro á actividade.

Galego

Os contos de William Shakespeare

Os contos de William Shakespeare fai un percorrido polas obras máis coñecidas do dramaturgo inglés, adaptadas para toda a familia e cunha linguaxe máis próxima. De este xeito, afrontamos tres das pezas máis recoñecidas autor:

- “Romeo e Xulieta”, contada con teatro de obxectos.

- “Otelo” convertendo as personaxes da obra, nunhas rechamantes e letras coloridas.

- “Hamlet”, contado en clave de comedia a partir dun peculiar xogo de cartas no que ninguén pode gañar.

Duración: 40 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral