Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Isi! Ponte con monadas…

O curioso caso dunha familia con tres nais e un feixe de peculiares veciños. 
O instinto cómico de José Manuel Rodríguez, máis coñecido como Isi, permaneceu durante anos agochado no ámbito doméstico natal até que un bo día gañou o televisivo concurso de chistes O Rei da Comedia. Desde entón, milleiros de espectadores poden gozar na televisión ou nos escenarios da arte de Isi para convertir os momentos cotiás en memorables anécdotas coas que escachar da risa. 

Galego

Minicontos. Raquel Galavis

Unha colección de contos mini para mini corazóns que combinan a narración oral con efectos sensoriais e vivenciais.

Unha proposta divertida e sensible para os máis cativos… e os que xa non son cativos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade de forma presencial ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Vai frío!. Iván Davila

Contos fresquiños para os mais cativos, onde a través de estímulos visuais, auditivos e espaciais, entrarán en calor coas historias mais fascinantes e os personaxes mais delirantes!

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade de forma presencial ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Stick Man. Contacontos en inglés.

As aventuras dun home de pau, que se enfronta a divertidos desafíos para chegar a casa. 

Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada coas emocións, tamén traballarán os valores que se representan no conto.

Duración: 60 minutos.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade de forma presencial ou no teléfono 886 120 445.

Galego

O soño de Esther

A través dos libros “O soño de Emma” e “O soño de Esther” tece unha contada na que se mestura poesía, aventura, coñecemento, ilustración, xogo e amor pola nosa lingua.

Duración: 45 minutos.

Capacidade: 40 nenos/as.

Inscrición previa dende o luns anterior á actividade de forma presencial ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Sabela e o paxaro máxico

Unha pequena nena que ten que aturar os caprichos da súa xefa, un paxariño fantástico que sempre está disposto a axudala, un mago malvado, un ogro cheirento, un príncipe desaparecido, uns reis preocupados…

… e todo iso cheirando a perfume?

Non pode ser

Duración: 50 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou chamando ao 886 120 445 dende o luns anterior a actividade.

Galego

Contacontos sobre o libro ilustrado O cociñeiro Martiño de Iago López e Macus Romero.

No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Buscase unha persoa que saiba guisar e asar para reis, raíñas, marquesas, duquesas e príncipes de todas as cores e condicións....

Idade: de 4 a 12 anos.

Inscrición previa o luns anterior á actividade presencial ou no teléfono 886 120 445.

Galego

Debulendo lendas galegas

Cando eu debuxo o que leo, entón "debuleo". Debuxamos xuntos e descubrimos o valor das lendas galegas? Piratas, xacias, dragóns, celtas, biosbardos... Un espectáculo de contacontos debuxado ao 100% que mestura narración oral, ilustracións e a técnica centenaria "Kamishibai" como base dunha sesión na que todos participan. Ilustracións dentro e fora do teatriño, que voan, loitan, falan... Debulemos?

Actividade para público familiar (rapaces e rapazas de máis de 6 anos) ca que celebramos o Día da Ilustración.

Galego

Contos debuxados, debuxos contados

Que pasa cando xuntas ilustración e palabra escrita? Que xorden os grandes álbums ilustrados. 

Que pasa cando xuntas ilustración e palabra contada? Pois que xorde "Contos debuxados, debuxos contados".

O ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto executan este man a man escénico nun perigoso experimento que non foi autorizado por ningunha autoridade competente. Dun lado a picaresca, o trazo conciso e a fantasía visual de Marc e doutro a retranca, a voz firme e o maxín bule bule de Caxoto. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral