Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A árbore dos desexos

Ramón Feáns, Inés Salvado, Iria Iglesias, Daniel Díaz Fentanes e Jaime Manuel López subirán ao escenario para achegarlles a nenos e adultos este relato musicado que foi Premio Martín Códax da Música e que fala de descubrimento persoal, de amizade, de perseveranza, da inclusión e da aceptación dun mesmo ao ritmo de jazz, soul, rocksteady ou mesmo a clásica balada de reminiscencias Disney.

Galego

Contos e cantos pequeniños

Sesión de contos con música na que os nenos compartirán con aqueles que os coidan e os educan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns; espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura, a música e a tradición oral.

 

Data e hora: venres 13 de decembro ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil de 0 a 3 anos (con ata dous acompañantes)

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores, 4 de decembro ás 9.00 h.

Galego

O rato ilustrador

O rato Fuco, de camiño á Biblioteca, atopou unha caixa de lápises. Resulta unha estraña casualidade, porque xusto acaba de ler un conto titulado "Tomé e o lapis máxico". Será tamén máxico algún destes lápises que acaba de atopar? Poderá debuxar todo o que se lle ocurra?

Salón de actos 

Publico familiar a partir de 3 anos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

Contos da Natureza

Contos da natureza que chegan desde o baleiro da imaxinación onde xurde todo, para descubrir unha parte do que esconde a natureza, mediante historias e cantadelas a cargo da escritora e narradora Aroa Viva Voz, que atraparán tanto a grandes como a pequenos..

Duración: 45 minutos.

Idade: de 4 anos en adiante.

Inscrición previa dende a o luns anterior á actividade presencial ou no teléfono 886120445.

 

Galego

Un Nadal de conto: A estreliña despistada. Trémola Teatro

Estela, a estreliña máis despistada de todo o ceo ten unha misión moi importante que levar a cabo: chegar ata o portal de Belén e iluminalo. Pero claro... polo camiño atópase con moitas cousas por facer.

Duración: 45 minutos.

De 4 anos en adiante.

Inscrición previa dende o mércores 18 de decembro presencial ou no teléfono 886 120 445.

Galego

C@nto contigo

Espectáculo onde Paco Nogueiras fai un percorrido por cancións dos seus traballos "Brinca Vai!", "Radio Bulebule" e "Extra!" sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido.

Neste grandes éxitos hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos.

Duración: 45 minutos.

A partir de 4 anos, ás 12.00 h na Sala Infantil.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 desde o luns anterior á actividade.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral