Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Levántate Xan!!! (Contos para bebés)

Texto de presentación da actividade

É noite na granxa de Xan. Como todas as mañás o galo érguese antes de que saia o sol, sube ao alto do tellado e disponse a cantar. Pero ese día algo sae mal. O galo non pode cantar; e se o galo non canta o sol non se levanta!… Non será que Xan esqueceu darlle a cea aos animais a noite anterior?
Unha función chea de animais, pequenas historias e cantigas no día a día na granxa de Xan.

Programa

Ler Conta Moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Estrelas

Texto de presentación da actividade

Avoa, que son as estrelas? Preguntou a nena sinalando ao ceo. O ceo é un espello-dixo a avoa- o que ti chamas estrelas é o reflexo da fogueira pequena que todos levamos no corazón. "Estrelas" é un espectáculo de historias de rapazas e mulleres reais e do mundo literario que loitan por un mundo sen violencia e con igualdade plena.

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (maiores de 3 anos)

Duración

Galego

Contos de sapos, bruxas e curuxas

Texto de presentación da actividade

Non todo o mundo sabe que as bruxas son intelixentes, as curuxas astutas e os sapos valentes. Non todo o mundo sabe que as bruxas son astutas, as curuxas valentes e os sapos intelixentes. Non todo o mundo sabe que os sapos son astutos, as curuxas intelixentes e as bruxas valentes. Pero para iso están os contos, para lembrarnos o que esquecemos desde o inicio dos tempos.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Cinco ratiños de conto

Texto de presentación da actividade

Na aldea do queixo fresco os ratiños cantan cancións e escoitan divertidas historias; a da ratiña e a moeda de ouro ou a do rato que se agocha nun zapato. Sons e texturas apoian as historias e captan a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.   
 

Programa

SEMANA DA BIBLIOTECA

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

30 minutos

Galego

Burromaquia con Inacio Vilariño

Texto de presentación da actividade

Burromaquia é un espectáculo de narración oral, para público familiar a partir de 3 anos, cunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións nas que se fala con simpatía dese animal tan entrañable que é o burro. A través da súa participación, os rapaces e rapazas van descubrindo a historia  do burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas

 

Programa

SEMANA DA BIBLIOTECA

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

A fada do saco verde

Texto de presentación da actividade

Erea é unha fada diferente ao resto xa que non posúe poderes máxicos e isto fai que se sinta mal e que o resto de fadas se mofen dela. Pero un día todo cambia cando os seres do bosque lle tecen un saco máxico no que pode gardar todo aquilo que manca o mundo e convértese así na fada do saco verde. 

Programa

Celebración do día da Biblioteca . Sesión dirixida aos alumnos do CEIP Avelino Díaz de Meira que se achegarán á Casa da Cultura na que está ubicada a biblioteca .

Galego

A ciclobiblioteca na biblioteca

Texto de presentación da actividade

A ciclobiblioteca chega a biblitoeca para pedalar cos contos na loita contra o cambio climático. Libros para coidar a terra da man do escritor Anxo Moure...."Salgadiña a estrela de Fisterra", "O paraugas Dameaugas", "Caramulo...." dentro do proxecto "Cuco" Cultura para coidar a terra.

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (De 0 a 15 anos acompañados de familias)

Duración

60 minutos

Galego

Aitana e a avoa, e outros contos violetas

Texto de presentación da actividade

Con Aitana e a avoa, aprendemos a atopar cancións e xogos de tradición oral que dormen escondidos na memoria das nais e avoas, porque elas tamén foron nenas.  Outros contos violetas é un compedio de libros e albúms ilustrados que axudan a visibilizar os vínculos amorosos que forxamos dende pequenas ou romper estereotipos con Princesas que soltan peidos.

Programa

SEMANA DA BIBLIOTECA

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Contos para tecer redes

O colectivo "Afiando o vento" organiza esta semana dúas actividades na Biblioteca, a primeira será unha contada a cargo de Atenea García para público familiar.

As nenas e os nenos deberán estar acompañados dunha persoa adulta.

Para inscribirse podedes chamar aos números de teléfono: 988 788385 / 386

Galego

Unha presada de castañas

Dende o tempo dos Celtas, coa chegada do outono, os nosos antepasados apuraban o remate da tempada de colleitas e as familias preparábanse para as longas e frías noites do inverno. Pero se en Galicia hai unha tradición é que nunca se remata un choio sen celebralo por todo o alto. Nese momento as despensas estaban ateigadas de cereal, mel, viño, carne curada da matanza... e por suposto castañas... Xa temos os ingredientes necesarios para un bo magosto!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral