Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Real Filharmonía de Galicia FAMILIAR·Parade, o circo dos valentes

Coñeceremos a historia do elefantiño Babar que quedou orfo cando unhas persoas levaron a súa nai e a el tíñano encadeado. Un día o tío Pepe e o pallaso Chochotte rescatárono e agora vive libre con eles no circo dos valentes. O espectáculo contén valores fundamentais como o respecto e a convivencia cos animais para vivir nun mundo mellor.
Joaquín Casanova, directorJoaquín Casanova e Elisa Ramos, dramaturxiaJosé López Montes, dirección musical e intérprete-pianistaPrograma: Obras de Satie, Stravinski e PoulencLingua: galego
 

Galego

Onde viven os monstros

Texto de presentación da actividade

Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.

Programa

LER CONTA MOITO

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

O lapis de Martín

Texto de presentación da actividade

Os pais de Martín mercábanlle  agasallos, pero nunca estaba contento. Unha tarde atopouse  coa súa  amiga Martiña e descubriu cómo deixar de estar aburrido. Martín aprendeu a xogar co lapis máxico e a probar os milleiros de posibilidades que ten, empregar a imaxinación.
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (400000000)

Duración

50 minutos

Sesións

Galego

Cambi@ Contos: Filipa cos contos

Texto de presentación da actividade

Cámbiache o conto! E si a princesa xa non quixese ser princesa? E si o lobo atrapase a un neno e o garda forestal fose unha muller? E si a guerreira tivese que rescatar ó príncipe? Cambiamos as personaxes dalgunhas historias ben coñecidas e démoslle un pequeno xiro de guión a outras. Queres saber como queda o conto? Con Filipa e Fran, vas "filipar"!

Programa

REBULIDEIROS - Programa de dinamización da lingua galega do Rosal

Galego

Os nosos bosques

Texto de presentación da actividade

Baseándose no libro Os nosos bosques, Diego García, O Diegho, preséntanos un contacontos no que xoga coa explicación do proceso cooperativo da creación do libro e aporta dinámicas lúdicas con materiais extraídos do libro que permiten profundizar no coñecemento e asimilación da variada flora e fauna que nos rodea.
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (4-12)

Duración

45 minutos

Sesións

Galego

O xogo de Nano

Texto de presentación da actividade

Nano recibe unha visita moi especial o día do seu aniversario. Está todo preparado: a torta, as candeas, os globos. Só faltan os amigos, a que xogarán? Ao rematar terá que se bañar e descubrirá o divertido que é coñecer as partes do seu corpo ao ritmo da música.

Programa

Ler conta Moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil
  • Público infantil (A partir de 1 ano)

Duración

30 minutos

Galego

O Tesouro de Pirata Frank

Texto de presentación da actividade

Acompaña ao neno a través de todas as aventuras que o levarán ata o tesouro de Pirata Frank! Mais, quen é Pirata Frank? 
Cruza as cristas nevadas e a lagoa das ras cantoras, e o volcán que cuspe lume sen pàrar para chegares a coñecer á auténtica Pirata Frank.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3-9)

Duración

60 minutos

Sesións

Galego

A bibliotecaria estrafalaria 2.0

Texto de presentación da actividade

Volve Candelaria, a bibliotecaria estrafalaria, a que máis sabe de contos sorprendentes, ás veces soña co París dos surrealistas pois namorou dun dos seus lemas "máis xogar e menos pensar". Outras, soña con ser o Alicia e levar un sombreiro tolo...pero sempre rodeada das historias máis sorprendentes e dos libros máis alucinantes.
Unha brincandeira inolvidable entre libros!

Programa

Outono de contos 2024

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

A Maleta. Conta conto inclusivo en lingua de signos e lingua galega

Texto de presentación da actividade

Conta contos inclusivos en lingua de signos e lingua galega. Narracións teatrailizadas de pequeno formato, acompañadas de elementos visuais que apoian a comprensión das linguas e reforzan a esencia do que queremos contar. Sesións acompañadas dun pequeno obradoiro.

Programa

Mes da Biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Que pasaría se o mundo quedase sen bágoas?

Texto de presentación da actividade

Un día Simón cansado de que todo o mundo lle chame chorón decide gardar as súas bágoas debaixo da cama. Os adultos comezan a consideralo así “un home feito e dereito”, pero se todos gardásemos as nosas bágoas que sería dun mundo así?
 

Programa

Contacontos de setembro a decembro

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3 a 7 anos)

Duración

45 minutos

Sesións

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral