Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O neno raio!

Texto de presentación da actividade

Raúl é un apaixonado dos libros e da fantasía ata que a súa tía lle regala a primeira máquina de videoxogos. A consola é a súa mellor amiga e cada aniversario recibe dous agasallos: un videoxogo e un libro, que vai co montón de lecturas pendentes. No seu 13º aniversario, recibirá só un agasallo: un libro!
Ese libro, unha tormenta e un apagón introducirán ao noso amigo nunha nova e única aventura!
 

Programa

Contacontos de setembro a decembro

Galego

Contamos en igualdade

Texto de presentación da actividade

Esta contada pola igualdade pretende rachar cos estereotipos dos roles tradicionais asignados aos personaxes dos contos en función do seu xénero, idade, etnia ou mesmo condición social, cultural ou funcional. A través de fermosos contos trataremos de reflexionar sobre a nosa relación cos demais, construíndo entre todos e todas un mundo máis igualitario e pacífico.

Programa

Outono na biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Conta contos e divulgación do libro

Texto de presentación da actividade

Contar contos fomentando así a lectura dos máis cativos, e para que sexa máis ameno realizarase posteriormente unha actividade de interpretación.
Mentres que no taller do libro "A nena do vestido de flores", preténdese concienciar sobre as discapacidades e dar a coñecer o autismo.

 

Programa

“Outubro, mes das Bibliotecas"

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (De 4-12 anos)

Duración

90 minutos

Galego

Casa, casiña, casona

Texto de presentación da actividade

Pum, pum!
Quen é? Quen chama á miña casa, casiña, casona?
Un espectáculo para primeira infancia e as súas familias baseado no asombro, a transmisión do amor a través da lingua galega e a palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas… que forxan os cimentos da casa que construimos ao longo das nosas vidas.

 

Programa

Ler conta moito 2024

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Onde viven os monstros

Texto de presentación da actividade

Nesta historia, chea de humor e diversión, Max crea na súa habitación un mundo imaxinario onde é libre. Libre mesmo para ser monstro, o máis monstro de todos. Na súa aventura, desafía aos seus propios medos, a frustración, a rabia, a incomprensión ou o temor ao rexeitamento. Finalmente, atopar en falta o amor da súa nai faino regresar a casa e comprende que sempre hay que respectar aos demais.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Iguais e diferentes

Texto de presentación da actividade

Espectáculo cociñado con máxia, contos e moitísimas sorpresas acompañadas de grandes doses de concienciación, unhas areas de sorrisos, aderezado cunhas pinguiñas de amor. O remate, cociñamos entre todxs un pastel de forma máxica que podemos saborear.
A través dos contos, da maxia e dos xogos poñemos énfase na toma de conciencia de que todxs somos iguais, temos os mesmos dereitos e deberes.

Programa

Mes das bibliotecas

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

E a ti... que che contaban?

Texto de presentación da actividade

E a ti... Que che contaban?: narración oral para público familiar.
"Periquiño me / por aquí non é
por aquí tampouco / entón... Por onde?
Por aquí, por aquí, por aquí..."

E é que Periquiño sempre andaba á procura de novos tesouros, buscando por aquí, por acolá... E era de cando en vez que algún atopaba.

Programa

Contacontos

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

Galego

Rosalía pequena

Rosalía é unha nena pequena, á que lle encanta xogar, debuxar, falar, escoitar, saltar, subirse ás árbores, disfrazarse, escribir... pero o que máis lle gusta é inventar historias...

Historias de nenas fortes, creativas e rebeldes coma ela...

Historias de mulleres bravas!!! Como é a nosa Rosalía pequena...

Contacontos a cargo de Ramiro Neira

Salón de actos

Público familiar a partir de 4 anos

Duración: 45 minutos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

Cardiño caracol

Os bichiños do bosque saben que non poden atravesar os límites do bosque, pero un día Cardiño achégase á casa dos humanos e...

Contacontos a cargo de Ana Carreira.

Lugar: Bebeteca

Público de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Duración: 30 minutos 

15 prazas

Inscrición previa a partir do 19 de decembro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades

Galego

Os contos de Violeta para celebrar o día das bibliotecas

Á pequena Violeta encantalle as historias onde os nenos e as nenas poden facer as mesmas cousas. Ela sempre leva unha maleta na que garda os seus libros preferidos para compartir cos nenos e as nenas e hoxe traeos para celebrar con todos e todas o día das bibliotecas!

Data e hora: venres 25 de outubro ás 18:00 horas

Público destinatario: Bebés, de 0 a 3 anos acompañados de ata dous adultos.

Con inscrición previa a partir do 16 de setembro a través do formulario da páxina web da biblioteca

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral