Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Sobre o extravío ou a arte de perderse

Un só de danza-teatro sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero está, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Ou de perderse.
Sobre o extravío ou a arte de perderse convídanos a compartir a viaxe  a través do espazo interior e exterior dunha muller. Como espectadores e cómplices do seu modo de construír(se), habitar, perderse e chegar a lugares inesperados.  

Galego

Nik·Eu

NIK·EU preséntase como a última produción do proxecto iXa. Unha proposta de danza contemporánea creada para catro intérpretes de 50 minutos de duración. A obra foi estreada en abril do 2023 e está dirixida por Xián Martínez. Coproducida polo goberno de Navarra a través da fundación baluarte, Lekuona Fabrika de Rentería e a propia compañía cun primeiro periodo de residencia enmarcado dentro do Festival de danza DNA22 e unha segunda etapa desarrollada en Lekuona Fabrika a finais de 2022.

Galego

Transeúnte

TRANSEÚNTE é un espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Galego. Neste espectáculo para sala de 4 bailaríns e 2 músicos en directo brilla o diálogo entre a música, o canto e a danza tradicional coa danza contemporánea, e os seus contextos. Invita a mergullarse nunha experiencia multisensorial onde corpo, música e tecnoloxía se entrelazan para construir un contexto único, cunha visión xuvenil, fresca e actual da simbiosis entre tradición e comtemporaneidade. 

Galego

Multiperspectivas#3

Multipespectivas de Paula Quintas é unha proposta orixinal e novidosa que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea. Combina improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público. Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para enfrentarse coa realidade do espazo que nos rodea.

MULTIPERSPECTIVAS é un proxecto con diferentes fases. 

Multiperspectivas#1. Sen estruturas de funambulismo. Estrea Festival Escenas do Cambio. 2021

Galego

Mímesis

É un espectáculo de danza que se constrúe como un ritual iniciático á vida e no que música, luz e movemento atenden o proceso cognitivo dos máis pequenos. É unha coidada produción internacional realizada entre España e Alemaña, que parte dunha idea: a imitación como vía de relación co mundo. Aprendemos porque repetimos aquilo que vemos.
O público acomódase 360 graos ao redor da acción nun espazo voluble que convida á atención e o descubrimento...

Galego

Aurora Boreal

En Aurora Boreal exponse a permanencia das cousas. Reflexiónase sobre a durabilidade dunha obra escénica. Pode cambiar co tempo? Precisa mudar, ou quedar conxelada? A fugacidade como unha esixencia social xa constituída aparentemente aprobada pola sociedade. Aurora Boreal parte deste concepto do ser exposto ante unha sociedade de consumo efémero, onde a atención humana cada vez é máis escasa.

Galego

X Compostela Tango Festival

Décima edición do Festival Internacional de Tango que organiza Compostela Tango Club, asociación nada na capital compostelá no 2013 para promover o tango arxentino.
Ao longo do festival bailaríns e musicalizadores de renome internacional impartirán seminarios e ofrecerán espectáculos coa mellor selección de tangos para bailar. Ademais, haberá milongas tarde e noite destinadas ao baile social. 
+INFO

Galego

LOS PERROS

Cando o tempo deixa de ser pasado e deixa de ser futuro.

Cando o presente cáesenos enriba.

E vivimos o presente coa intensidade dunha chama que nos arde dentro,

como dous seres que se aman e que arden no aquelarre da noite.

Dous seres que bailan para sobrevivir a este tempo convulso e cambiante.

Unha chama que arde baixo os nosos pés, nun chan que se abre e se pecha,

como un gran animal que respira fondo, un animal que desexa ladrar,

que desexa gritar, que desexa correr.

 

Galego

DIQUE

O Dique de Campá de Ferrol foi a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España. Detrás da súa construción está o traballo invisibilizado de 200 mulleres que desde 1874 pasaron anos retirando 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en sacos e cestas sobre as súas cabezas. Eran as "cargadoras" e, polo mesmo traballo, cobraban menos que os homes. A todas elas rendimos homenaxe neste espectáculo.

Galego

Mimesis

É o que  ves. Somos o que vemos. A tribo se reune para o ritual iniciático da vida. Como nun espello, moldeamos o reflexo daquilo que nos rodea reinterpretándoo para chegar a ser o que somos. Antes de Nada, Todo NON era.Mimesis constrúese ao redor da imitación como vía de relación co mundo que nos rodea, aprendemos porque repetimos aquilo que vemos. Formamos parte dunha comunidade e dunha contorna  natural que nos serven  de referencia para a cosntrución do que chegaremos a ser.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza