Mover e facer
Neste laboratorio, Janet Novás comparte a práctica desenvolvida ao longo dos anos como bailarina e performer, baseada en creacións propias e colaboracións con disciplinas como a música, a moda ou o cinema.
Neste laboratorio, Janet Novás comparte a práctica desenvolvida ao longo dos anos como bailarina e performer, baseada en creacións propias e colaboracións con disciplinas como a música, a moda ou o cinema.
Cicatriz parte do poema homónimo de Reixa, unha obra de trescentos versos que comezan coa palabra "quero", nos que o autor explora o desexo e a súa influencia na vida das persoas como panca para accionar a reflexión e o empoderamento ante os prexuízos e discriminacións por razón de idade.
A milonga é un espazo onde as persoas amantes do tango e da milonga se reúnen para bailar e socializar, para compartir experiencias nun lugar onde se respira o ambiente do tango e se comparte a paixón polo baile.
Actividade enmarcada na Primavera Cultural da USC.
PERDER A LINGUA é unha peza de danza, voz, videocreación e escenografía traballan en simbiose para crear unha posta en escena conceptual que pon en valor as nosas raíces, territorio e singularidades culturais.
Sobre un transbordador espacial, casco en man, unha cosmonauta. COMETA é unha viaxeira inesperada que nos convida, a través da súa curiosidade e os seus descubrimentos, a mirar a nosa contorna con ollos novos. Con ela embarcarémonos nunha aventura galáctica para redescubrir e marabillarnos coa forza da gravidade, as posibilidades do movemento e o poder da empatía. A xeometría, o xogo e a velocidade
da luz. O universo, a imaxinación e as viaxes interestelares. E sobre todo, nunha festa para celebrar que nos atopamos!
Un encontro entre dous, un abrazo, o sentir ao outro, a comunicación sen palabra, o sentir do tempo inmerso nun mundo creado entre dous. Un soporte mútuo. Un tempo que se expande e detense coma se nunca fóra a acabarse.
Unha transformación, un cambio. Partes empezan a caer, outras a suxeitar. Ese instante esquécese e saen a luz as diferenzas; os polos opostos, a fraxilidade e a forza; o deixarse caer e o desexo porel control. O equilibrio e a inestabilidade. A verdadeira natureza humana.
Para que non me deixes aquí soa explora as interseccións entre o fermoso e o grotesco.
Nun xogo de máscaras e deformidades faciais, Julia Laport investiga a perda de identidade e a procura dun outro que poida cubrir esa carencia. As ilusións creadas con luces e sombras en escena por Laura Iturralde e as posibilidades de expandir e deformar o corpo con outros materiais que manipula Martín Gonçalves, amplifican o movemento dinámico e preciso de Waacking, transformando á artista nunha masa cambiante, cargada de posibilidades e en constante mutación.
En Aurora Boreal exponse a durabilidade das cousas. Reflexiónase sobre a durabilidade dunha obra escénica. Pode cambiar co tempo? Precisa mudar, ou quedar conxelada?
SOFÁ é unha sitcom de danza, teatro e circo que fala dunha parella.
Marta e Pablo son dúas persoas inquietas e a parella que menos usa o sofá.
Marta e Pablo cren que van solucionar os seus problemas de desconexión facendo o exercizo de bailar xuntos cun sofá.
Porque o sofá é o lugar onde se atopan as parellas ao final do día para estar xuntas, ver unha peli ou descansar.
Será que o lograrán?
DANCE JOIN é a nova produción da compañía martaalonsotejada.
Un espectáculo interactivo que combina danza e clown, deseñado para espazos non convencionais, tanto ao aire libre como en interiores.
A obra mestura danza, humor e música, propoñendo unha visión lúdica e autocrítica do mundo escénico, mentres convida ao público a participar no caos controlado que presenta.
Esta proposta dinámica borra os límites entre artistas e espectadores.