Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Mesura | Raquel Ferradás&Amarelo

Mesura báilalle á espera en diferentes momentos da vida. En xeral, á inquietude e preocupación que xera. Soster, refuxiarse no movemento, adaptarse ás transicións e avanzar. Comezar de cero é sobrevivir no presente. Non hai pasado no cero. Hai que saber convivir coa espera para mirar o mundo aos ollos.

 

ARTES DO MOVEMENTO, ESPECTÁCULO DE RÚA

Javier Costela Vázquez

18 MINUTOS

 

Autoría e dirección: Raquel Ferradás

Galego

XMC·Somos

SOMOS é un dialogo entre dous corpos e todos os seus camiños. Unha conversa que transmite unha mensaxe íntima no momento presente. Encarna e simboliza un intre de conexión. Un espazo que convida a apreciar a beleza da arte a través do movemento, da unión e o conxunto, de escoita interna e de vencello. Unha tradución activa e coexistente que xorde cando nos permitimos ser e nos habitamos de forma consciente. A acción trázase no marco da danza contemporánea determinada polo estilo persoal que caracteriza as coreógrafas, incorporando influencias doutros estilos.

Galego

Ceibe

CEIBE é a nova obra de baile e música tradicional de Fran Sieira Compañía de Danza que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición. Ten unha duración de 60 minutos e conta cun elenco de 8 bailadoras e bailadores. Na dirección artística, Fran Sieira e Sergio R. Suárez.

Galego

O que non se ve

"O que non se ve" representa a través da danza a forza e a loita da muller na sociedade actual. Unha mestura de danza tradicional e comtemporánea, que pretende mostrar o que existe debaixo das vestimentas tradicionais e no interior das mulleres do noso país.Con esta obra, imos un paso máis alá (Et Suseia), para conxugar estilos moi diferentes, pero á vez moito en común. Aportamos tamén unha nova sonoridade nas melodías que acompañan o espectáculo, e mergullándonos na percusión tradicional pero enfocándoa cara un aspecto máis actual.

Galego

Danza 3 | Xacarandaina

A agrupación de danza e música tradicional Xacarandaina vaise encontrar co público no Pavillón Municipal San Marcos de Abegondo, para ofrecer un repertorio de pezas de danza galega recollidas en distintos lugares de Galicia e interpretadas polo seu grupo de bailadoras e bailadores.

A actuación enmárcase dentro da 12ª edición de Danza 3, promovida pola Xunta de Galicia en colaboración co colectivo XOC, integrado polas formacións Xacarandaina da Coruña, Ou Fiadeiro de Vigo e Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, co obxectivo de difundir a música e o baile tradicional.

Galego

Alleo

Todo comeza alí arriba, onde atisbamos o que acontece e se rexistra o alleo do campo e do mar. Desde a miña posición apréciase a verdade; a torre é calida, é laranxa. Os raios de sol fúnden-se nas fisuras e rompen baixo pedras rotundamente terrenais. Aquela ardente soidade, queima e destrue o privilexio do atisbo deixándonos no abandono ante a eterna inmensidade. 

Galego

El Lago de los Cisnes

As estrelas da danza Eva Nazareth e Iván Delgado interpretan O Lago dos Cisnes xunto aos pianistas do Dúo Ikigai, cunha posta en escena única e sorprendente que pasa polos momentos máis emblemáticos deste gran ballet.
Dous bailaríns e dous pianistas en perfecta simbiose crean un espectáculo apaixonante e cativador cunha atmosfera de ilusión.
Un elenco de artistas cunha gran traxectoria avalada por numerosos premios internacionais en España, Portugal, Francia, Bélxica, Italia e Rusia.

Galego

Fronterizas

Elenco artístico: Mari Paula, Carlos Molina, Jaime Peña

1. Aceptarás o fracaso

2. Odiarás as acrobacias e todas as espirais

3. Non usarás o beige

4. Entenderás que a revolución non existe

5. Asumirás que todo xa está inventado

6. Tomarás unha decisión artística vital

7. Santificarás o monstro que levas dentro

8. Non esquecerás que política e estética son primas irmás

9. Vivirás na fronteira de calquera disciplina

10. Bailarás a propia morte

Galego

Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é. 

Esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea.

NÓ convida ao público nunha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que é importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía deixa ver pegadas do debate actual que atende a decontrucción de xénero e a conciencia de clase.

Galego

Millo verde

Intérpretes: Cris Vilariño, Diego Buceta, Rafael Mallo.

Dúo de danza con musica de percusión en directo. Unha obra sobre a importancia de volver á terra, de buscar o futuro no pasado. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza