Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

El perdón

Eu amaba ao meu pai sobre todas as cousas, cun amor animal. Gustábame o seu cheiro, gustábame a súa voz, gustábanme as súas mans, a pulcritude da súa roupa e a meticulosa limpeza do seu corpo. Amábao máis que a Deus. Un día tiven que escoller entre Deus e o meu papá, e escollín ao meu papá. Foi a primeira discusión teolóxica da miña vida e tívena coa irma Josefa, a monxa que nos coidaba a Sol e a min, os irmáns menores. Se pecho os ollos podo ouvir a súa voz recia, grosa, enfrontada á miña voz infantil.

Galego

Sacra Festival 2022: Compañía 5s

Espectáculo multidisciplinar e inclusivo dirixido a un público familiar, a peza rende homenaxe ás nais, en especial a aquelas nais que se dedican ás artes e viven coa complexidade da conciliación, e ser nai separada durante 7 anos.

Trátase dun diálogo entre os dous protagonistas, Carlota e o seu fillo Teo, de 9 anos, que desde hai tempo participa nos seus proxectos artísticos.

A peza tamén está protagonizada por DJ Pascal Kleiman, un dos DJ máis destacados de Europa: para el a súa nai foi unha peza crave desde neno, xa que naceu sen brazos e as súas mans son os seus pés.

Galego

Danza en el Camino

Arte, música, vangarda escénica, tradición e historia danse cita na cuarta edición de 'Danza en el Camino', o festival itinerante organizado pola Consejería de Cultura y Turismo de la Junta de Castilla y León no marco do 21º Certamen Internacional de Coreografía Burgos & Nova York.

Galego

Technocracia

Technocracia aborda a festa como lugar de comunión, como mecanismo de reprogramación mental, de ruptura co cotiá, de hedonismo físico e emocional, e tamén como unha metodoloxía de creación a partir do corpo en movemento e a masa, onde expandir a nosa experiencia escénica ó incluir ó publico como parte esencial da peza a través das accións que se xeneren. Trátase de deixar de crear ficcións para deixarnos crear polos feitos intentando preservar o noso calor interno, a nosa frescura e bondade humana contra a tiranía da orde.

Bailar é un acto de #resistencia.

Galego

Danza en familia

Gozar bailando en grupo e relacionarse cos demais a través do corpo e a música.

Preténdese chagar á danza a todos todos os contextos e diversidades, especialmente, a aqueles sectores que teñen menos oportunidades de explorar o seu corpo nun contexto inclusivo, xerando experiencias de grupo que acheguen ás persoas coa danza como medio facéndolles sentir máis conectados. 

Para público familiar (nenos e nenas de + de 5 anos)

A actividade realizarase nos exteriores da Biblioteca. 

Galego

Minguantes

Minguantes é unha peza que se adentra no universo temporal de dúas persoas que van envellecendo. Corpos que surcan o terreo dos cambios, onde todo parece ir máis aprisa que de costume e xa correr non é unha opción, outra galaxia lles espera.

Sinopse: Cando todo se pare, escoita ao animal minguante, sentirás a beleza do seu silencio.

Caen as follas como o teu cabelo
A choiva a penas se sinte
Sen darnos conta brotaron as flores
A choiva segue, o teu cabelo cae e o brillo dos teus ollos segue intacto.

Galego

TRC danza: A muerte

A muerte como lema.

A muerte como forma de vida.

Así cremos que ten que ser unha obra, así ten que ser representada, a muerte.

A muerte é unha explosión de situacións; a peza plásmase coma un vómito, como un xogo macabro onde o descanso ou a dúbida non valen, morres.

Galego

TRC danza: Ina

Ina é un espectáculo que pon o foco no concepto da luz, esa luz que non vemos pero que brilla con intesidade dentro de nós. Unha viaxe que nos convida a mirar ao ceo e ás estrelas que o compoñen, na busca de facernos sentir a conexión coa esencia, con ese foco de luz que nos alimenta e nos fai iguais. Sobre o escenario, Paloma e Daniel, dous corpos e a luz.

Vivimos a noite en caída libre cara ás estrelas. O planeta perdeu a gravidade e subímonos a esa estrela que acaba de pasar. Desaparecemos mentres soan as súas risas de lonxe. Un estalido de luz conéctanos cos nosos soños.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza