Festina Lente
Festina Lente é un avance constante que busca unha reflexión do momento presente. Nun mundo no que a pel-pantalla coloniza as nosas relacións, preguntámonos se é posible o encontro, mirar iso que non se ve, entrar e parar. Preguntámonos cómo deixar xurdir novas realidades, fóra dos remuíños do capitalismo que devora, cada vez máis, a corporalidade.