Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Ballet Clásico de Ucrania- El lago de los cisnes

A motivación principal do Ballet Clásico de Ucraína é coidar as tradicións e esencia do ballet clásico máis puro. Ademais, fai delas un festexo para os sentidos co encanto dos seus vestiarios e a vistosidade das súas decoracións. Cos mellores bailaríns ucraínos dirixidos pola coreógrafa Natalia Kazatska, o Ballet Clásico de Ucraína, recrea con singular mestría as obras craves do ballet universal.

Galego

Spirit of the dance

Spirit of the Dance é un dos espectáculos irlandeses máis exitosos de todos os tempos, que cativou a máis de 30 millóns de espectadores en todo o mundo.

Desde a súa presentación no Bristol Hippodrome Theatre de Inglaterra, no ano 1996, Spirit of the Dance converteuse nunha produción internacional de éxito, con 10 grupos en constante xira por todo o mundo, 350 bailaríns e un merecido prestixio avalado por nove premios Global Award, incluídos o de Mellor Coreografía e Mellor Produción Internacional.

Galego

Ballet de Kiev: El cascanueces

O Ballet de Kiev con Ana Sophia Schelller como directora artística, preséntase por primeira vez en España neste 2022 que quedará marcado na memoria de todos nós coa tinta vermella que, con trazo groso, describe a traxedia que estamos a vivir todo o mundo, especialmente para os artistas de ballet que un día antes preparábanse para saír a escena ante un teatro cheo. O Ballet de Kiev con Ana Sophia Schelller como directora artística, ofrécenos unha versión entrañable do Cascanueces.

Galego

Distopía

Experimentadanza, unha compañía que este ano presenta a óbra "Distopía". Como as persoas perden a súa esencia instintiva ante un sistema ditatorial? Fálanos sobre o animal que levamos dentro, esa parte salvaxe que nos fai máis fortes e menos manipulables. Ás veces, as persoas son capaces, en comunidade, de salvar a unha sociedade enferma.

Galego

"DeMente". Fran Sieira Compañía de Danza

"DeMente" é unha obra de baile contemporáneo acompañado de música tradicional galega dirixida a adolescentes e público adulto de Fran Sieira Compañía de Danza. A peza conta cun elenco artístico de oito bailadoras e bailadores que, a través da coreografía e da música e o canto tradicional, promoven o uso da lingua galega. Nesta peza, a palabra cantada ten unha dobre función: contribúe á normalización do galego como idioma para a expresión artística e pon en valor a oralidade como patrimonio inmaterial e de transmisión interxeracional.

Galego

Todo lo bueno sucede en silencio

Unha conta atrás anuncia o comezo follas rasgadas dun calendario tirados ao chan, rastros ignorados, o son da radio lévanos entre melodías e noticias cara á vida.

Vasos baleiros en mans que non saben o que buscan en mans que ofrecen o que non teñen.

Vivir case sempre fai ruído e morrer semella o baleiro que hai dentro, por iso nos asusta e fuximos cara á palabra.

Pensamos en frases mudas e falamos para que nos escoiten ou para non escoitar o noso enxordecedor silencio.

Galego

TRC danza: El hijo

El hijo fala do vínculo cos proxenitores e un lugar, e o que se fai con iso. Entendérmonos como individuos independentes, pero enrededados profundamente nas raíces que nos acompañan. Un espectáculo de danza que nos leva ao primario, ao contexto, á familia e á natureza.

Na obra altérnase un corpo de hoxe, móbil e consciente, frente a outros mundos, que non sendo accesibles á vista, aféctannos e guían os nosos camiños. A danza permite a celebración de estar vivos e ter unha historia, a experiencia de ser fillo e o seu entusiasmo.

Galego

TRC danza: Flamingos

Flamingos é o resultado de colocar a Carmen Amaya no medio dunha escena de John Waters. O impulso do flamenco para compartir o interior da alma humana mistúrase coa música, o vestiario e o imaxinario máis pop. Cal é o noso propio flamenco? Cal é a nosa música e que danza convida a bailar?

Corpos, desexos, medos e referencias adultéranse para crear unha jam session máxica. Unha festa na que os 7 intérpretes expoñénse coa única intención de festexar.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza