Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Opera Breaks

Ópera Break´s é un espectáculo que mestura Ópera, Breakdance, Beatbox e Dj nunha única función de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola. Contan unha historia a través da expresión musical e corporal. Rompen as barreiras do clásico e do urbano, fusionándose nun espectáculo multidisciplinar onde o inimaxinable pode suceder… Atréveste a liberar a túa mente de preconceptos?

Galego

Festival Fin de Curso Danza Alfaia 23

Danza Alfaia, presenta o Festival de fin de curso 23, onde poderemos gozar de diferentes estilos de danza como o ballet, danza contemporánea, danza urbana e brekdance, pasando por danza acrobática e creativa, baseado o traballo desde o xogo e a experimentación.

Nos grupos máis adultos poderemos ver disciplinas como Lindy hop, e diferentes grupos de danza contemporánea onde a investigación nas artes do movemento é o eixo principal. Todo isto presentado pola fantástica actriz e dramaturga Clara Gayo. Esperamos que gocen do espectáculo.

Galego

Escuela BSDanza

Convidámosche a gozar coa actuación da Escola BSdanza nunha gala na que o alumnado se ha envorcado preparando un espectáculo a favor dos proxectos: Bolsas Comedor, Apoio a Ucraína e Bolsas ELA da ONG EDUCO.

A Escola BSdanza, dirixida por Dores Mayán con máis de 37 anos de traxectoria, conseguiu ser vangarda do ensino da danza en Galicia grazas ao seu profesorado e a unha constante renovación da arte da Danza.

Ven e goza coa túa familia e amigos dunha tarde inesquecible chea de música e danza para todas as idades!

Galego

Papyrus

A civilización do antigo Exipto é fascinante, abarca un extenso período de máis de 4.000 anos, e a súa cultura deixou profundas pegadas.

Galego

Bailando no século XX

DÍA 20

MOULIN ROUGE (Baile Moderno nenas/vos 1)

ONTE E HOXE (Danza Contemporánea 1 e 2)

DANZAS POLOVTSIANAS (Ballet clásico Pre-Primary grupo B)

LLES BICHES (Ballet clásico Grao 2)

O CHAPEU DE TRES PICOS (Ballet clásico Graos 5 e 6)

SINFONÍA EN C (Ballet clásico Graos 7, 8 e Intermedio)

DÍA 21

FAME (Baile Moderno nenas/vos 2)

ONTE E HOXE (Danza Contemporánea 1 e 2)

LLES PATINEURS (Ballet clásico Primary)

EGYPTIAN NIGHTS (Ballet clásico Grao 3)

O CHAPEU DE TRES PICOS (Ballet clásico Graos 5 e 6)

Galego

TRC Danza. Acciones sencillas

Un móvese desde sempre, nace movéndose. Ve a outros corpos movéndose e aprende a entender a sensación que eses movementos que ve albergan. Unha anda e sente a sensación que xa imaxinara que tiña esa a a que viu andando, antes que ela. Un aprende a virar porque capta a enerxía que emana do que vira. Un salta, unha cae, un toca, unha abraza, entrelázase. Un ve un paxaro e pode imaxinar o que sente o paxaro ao voar. Pero uno non pode voar. Unha baila as primeiras veces sen saber aínda que o que fai ten un nome. Logo ve a xente que se move de formas prodixiosas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza