Danza

Galego
Taxonomy Imagen png: 

TRC danza: Manbuhsona

"Manbuhsona" é unha evolución. Unha parella a unha comunidade, unha viaxe dun día a unha viaxe de vida. É un billete de ida ás nosas orixes. Necesitaremos recuperar o noso instinto, investigar o noso pasado para que os nosos cimentos sexan sólidos e estables. Unha viaxe no tempo e o espazo que conectará as nosas raíces co noso futuro. Superaranse desafíos persoais e crearanse relacións co obxectivo de construír unha comunidade simbiótica. Mergullarémonos na natureza e inspirarémonos na beleza da nosa contorna.

Galego

TRC danza: Onde está o relâmpago que vos lamberá as vossas labaredas

O Louco é o primeiro camiño na árbore da vida, intimamente unido coa irrupción de unha enerxía funámbula, en desequilíbrio e xenerosidade, incondicionada. Camiña con ela, levado por ela, a tremer e a ferver, cheo, repleto. A dirimir o pequeno adestramento, conformismo, repetición, crecente deshumanidade. A súa natureza é relampexar todo de dentro.  O Louco nunca olla para o chao. Non precisa, ten pernas, xémeos, coxas, pés. Non hai chao. O paxaaro do Bhagavad Gita: Mergulla na agua até o fundo, no xelo tal vez, mas cando sai dela está sempre seco, quente de calor.

Galego

A Voltas co Baile

No 29 de abril celebran o Día da Danza cunha xornada teórica de 10h30 a 14h.A partir das 14h e até as 20h organizan xunto á Asociación de Veciños A xuntanza e ao grupo de Festas do Barrio de San Pedro, unha foliada no xardín da ala sur do Museo.INSCRICIÓNS PARA A XORNADA TEÓRICA:Antes do 28 de abril en servizosdeac@museodopobo.galPrazas limitadas.
PARTICIPANTES:

Galego

Bailador

Bailador é unha peza de danza galega contemporánea baseada nas músicas de Berrogüetto, unha obra coreográfica que rende unha profunda homenaxe á nosa danza de raíz e a un grupo que transformou o xeito de entender e interpretar a música tradicional. 

Galego

Transmissions

Transmissions é unha conferencia-espectáculo que combina música, audiovisuais, palabra e movemento en vivo para explicar as danzas urbanas en todas as súas dimensións. Ofrece un discurso dinámico e accesible para todos os públicos: tan enriquecedor para expertos como para quen quere achegarse ás danzas urbanas.

Galego

Gala Solidaria Por qué No

A recadación da Gala destinarase aos proxectos solidarios da Asociación Por que non Axudar.

Por que non axudar é unha organización non gobernamental de desenvolvemento, aconfesional e sen ánimo de lucro, e que promove a xustiza social en calquera parte do mundo a través de Proxectos de Cooperación Internacional, Educación para o desenvolvemento, Sensibilización e Comercio Xusto.

Galego

XXXII Festival de Danza Esdac Vaganova- Escola Superior de Danza e Artes Coreográficas de Pontevedra

Espectáculo de Danza polo fin de curso académico, protagonizado polo alumnado do ESDAC VAGANOVA PONTEVEDRA.

Mostrarase o traballo técnico e artístico realizado polos alumnos/as durante o curso 22/23 a través de coreografías clásicas, neoclásicas e contemporáneas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Danza