Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Chungo que te cagas

Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil co espectáculo musical “Chungo que te cagas” da man de Peter Punk Pallaso. Primeiro espectáculo co que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso e no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente, que fará as delicias de cativas, cativos e maiores, creando un universo propio no que a liña de traballo é a diversión, o xogo e unha visión moi persoal do mundo.

Galego

Caderno de cores e cancións

Un percorrido pola creación musical e literaria das cancións.

Magín Blanco convida ás crianzas a achegarse ao proceso creativo e a xogar cos elementos que compoñen as cancións. As melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas. 

Duración: 50 minutos

Lugar: Salón de Actos

Público familiar a partir de 3 anos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Galego

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa

Celebramos o 17 aniversario da biblioteca co espectáculo e obradoiro O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa de Teatro Calavera. E unha historia de amor- romántica- dun cociñeiro chamado Antón e unha pasteleira chamada Tomasa. Un día de moita produción o forno de Antón estoupou, pois estaba feito de latón, ea pasteleira Tomasa invitouno a asar mazás no seu forno que é de aluminio ben gordo. Cando Antón probou as mazás asadas cubertas con tanto caramelo da emoción deulle un mareo, berrou, saltou e ao cabo dun pouco... POM!

Galego

Os nomes íntimos

Celebramos o Día da Poesía co recital poético-musical Os nomes íntimos de Lucía Aldao e Samuel Merino. Os nomes íntimos son os nomes que nos salvaron, nos que celebramos atoparnos cando non atopabamos representación de quen eramos nos contidos que consumiamos (non había internet).

Galego

Nada se sabe

Dúas actrices e dous actores cuestionan sobre o escenario a inclusión e a xestión da diferenza que facemos como sociedade. A premisa da que parte Nada se sabe é un texto orixinal de Manuel Lourenzo no que se establece un diálogo coa figura clásica de Filoctetes, un heroe grego apartado na illa de Lemno a causa dunha ferida fedorenta, pero que despois será fundamental para gañar a guerra de Troia.

Galego

Hexagonum

Hexagonum - A cuadratura do círculo - é un espectáculo escénico de rúa de gran formato para Troula Animación que mistura o emprego da tecnoloxía, música e vídeo en directo, animación e danza. De caráter itinerante, Hexagonum recolle o universo simbólico e imaxinario do mundo das abellas para concienciar ás/aos espectadoras/es a través das Artes de Rúa sobre a problemática causada pola posible desaparición destes animais que implicaría a destrucción do noso planeta tal e como o coñecemos.

Galego

Nada se sabe

Dúas actrices e dous actores cuestionan sobre o escenario a inclusión e a xestión da diferenza que facemos como sociedade. A premisa da que parte Nada se sabe é un texto orixinal de Manuel Lourenzo no que se establece un diálogo coa figura clásica de Filoctetes, un heroe grego apartado na illa de Lemno a causa dunha ferida fedorenta, pero que despois será fundamental para gañar a guerra de Troia.

Galego

Novas promesas da guitarra 2025

A biblioteca cede o espazo para a realización do recital “Novas promesas da guitarra 2025”. Audición de alumnado de guitarra do Conservatorio Profesional de Santiago xunto co seu profesor Xosé Antonio Rodríguez. O programa estará formado por obras de J. S. Bach, Fernando Tárrega, Fernando Sor e Leo Brouwer entre outras sorpresas.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Cores, contos e rock coa Ramona Pequena

Celebramos o Día da Ilustración con Cores, contos e rock coa Ramona Pequena que chega da man de Pakolas como un espectáculo onde a interacción co público infantil e familiar, a súa música rockeira, os contos e as cores e debuxos de Laura Romero en directo son o principal atractivo. Está baseado no último libro-cd de Pakolas A Ramona pequena vai á lúa (Galaxia 2023), ilustrado por Laura.

No salón de actos. Para público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Ondamina

Celebramos o Día da usuaria e do usuario. A Mamá Cabra fai un casting musical entre o público miúdo. Búscanse músicas de 1 a 6 anos, a mellor idade para arrancar a cantar e bailar. Músicas con enerxía de cabra, ritmo de cabra e moitas, moitas ganas de facer a cabra. Cancións para movernos, para bailar, para cantar. Un repertorio interactivo que busca a participación e o xogo con música. Cantos para non deixar nunca de ser nenas e nenos.

No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo