Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Unha de piratas

Texto de presentación da actividade

Espectáculo con cancións, teatro, monicreques,....
Manoliño é un neno ó que lle gustan as aventuras, un día descobre no faiado da súa casa un baúl cun mapa do tesouro dun pirata, decide ir buscalo á mañá seguinte.
Descubrirá que o seu maior tesouro son os seus libros e a sua imaxinación.

Programa

SEMANA DA CULTURA 2024 ( día das bibliotecas )

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (4 a 10)

Duración

Galego

Pepiña Maruxiña quere voar

Texto de presentación da actividade

Contacontos teatralizado
Pepiña mentres busca polo xardín alguén que lle axude a voar, vai coñecendo ós diferentes insectos que o habitan. Mistura a música e diferentes elementos como globos, espuma...
Un contacontos onde a convivencia é un xeito de aprender.

Programa

SEMANA DA BIBLIOTECA

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

50 minutos

Sesións

Galego

O traxe novo do rei

Texto de presentación da actividade

Un traxe especial, para un rei especial. Aquel traxe novo e máxico prometía ser un capricho inigualable, e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia de calquera habitante da corte. Podería ser certo? Funcionaría? Dalgún xeito si; pero non como él o esperaba.

Programa

Ler Conta Moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (A partir de 4 anos)

Duración

55 minutos

Sesións

Galego

O tesouro

Texto de presentación da actividade

Conto dramatizado con dúas actrices, con emprego de escenografía, vestiario, atrezzo e música. Trátase dos contos: “11 damas atrevidas”, “Teresa non quere ser princesa”, “Bieito e o seu carriño”, “Unllas de cores” e “Monstro Rosa”. Da man de dúas aventureiras iremos coñecendo a estes personaxes e descubriremos o tesouro que buscan: todas e todos somos diferentes e isto é o máis divertido.
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

Galego

O caracol namorado

Texto de presentación da actividade

Espectáculo que introduce no xénero da poesía a nenas e nenos pre- lectores e primeiros lectores.  As cancións do rato Fuco a partir de poemas de Manuel María ou Antonio García Teijeiro, a prosa poética de Kueta Pacovská e o seu "O Pequeno rei das flores", ademais de xogos rimados con participación do público, son os elementos que serven a tal fin.

Programa

Día das letras galegas

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Novo maxia para todxs (Igualdade)

Texto de presentación da actividade

Maxia para todxs (igualdade) é o novo show 1,2,3... O mago Pedro Bugarín! totalmente renovado e que se caracteriza por ser emocionante e versátil. Este show cambia pero mantén a esencia da maxia divertida e moi moi participativa. Existe a posibilidade de facelo sen contacto e a distancia respetando as normas sanitarias.

Programa

PROMOCIÓN Á LECTURA - DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Non hai cousas de neno e cousas de nena: só de persoas

Texto de presentación da actividade

Esta montaxe narra e interpreta contos para educar na igualdade e na diversidade. O eixo central das historias é a fada Menta, personaxe do Libro das emocións para nenas e nenos, da autora Gemma Lienas, quen autorizou á nosa compañía para representar os seus contos en Galicia. As técnicas utilizadas para a representación son os despregables Pop-Up e o teatro de papel.
 

Programa

Ler Conta Moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Fazulas e o ladrón de paraugas

Texto de presentación da actividade

Vive a viaxe iniciada por Fazulas e a súa teima por saber de que cor é o vento emprendendo unha fantástica aventura collido a un paraugas. Buscará entre as árbores, as nubes... precisará da axuda do Señor Moucho, da cadela Petra, do profesor e de todos vos! Queredes descubrir que fai o vento cos paraugas? Vide que ata lle podemos facer unha canción xuntos a ese gatiño curioso e parlanchín.

Galego

En Samaín toca... maxia!

Texto de presentación da actividade

Poucos días hai no ano tan misteriosos e máxicos como Samaín e para pasalo de medo non hai nada mellor que con moita maxia! O noso espectáculo temático de Samaín está cheo de maxia sorprendente, divertida e pensada para a ocasión, ademais de incluír un fondo de escenario acorde co tema destas datas para facer de calquera celebración de Samaín ou Halloween un evento inesquecible.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil
  • Público xuvenil

Duración

Galego

Circo na biblioteca

Texto de presentación da actividade

Pensaches algunha vez que non era posible ter circo na túa biblio? Pensas que é imposible? Pois neste 2024 a compañía Dani Blanco, con 20 anos de experiencia, vaiche traer o mellor circo de malabares con pelotas, libros, números imposibles, equilibrios, clown, música e moito máis adaptado a todo tipo de espazos, para disfrutar en familia do mellor circo do mundo.

Programa

Ler conta moito

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo