Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cantares de Reis

Os Bolechas chegan puntuais á súa cita do Nadal coa Rede de Dinamización Lingüística e visitarán oito concellos cun espectáculo no que aprenderemos cancións para continuar cantando e animando estas festas na casa e na rúa.

Os Bolechas atopan un trobador que anda un chisco apesarado porque perdeu o seu libro de cantigas. Pero a maxia do Nadal fai que todo cambie. O encontro coa familia Bolechas permítelle descubrir novos Cantares de Reis cos que renovar o seu repertorio e triunfar nestas datas tan especiais.

Galego

Desconcerto de Nadal

Unha actividade dirixida a público familiar: un (des)concerto de Aninovo bastante accidentado. Culturactiva Producións presenta a Fran Rei e Félix Rodríguez baixo a dirección de Marcos Orsi nun espectáculo cheo de música, teatro, humor e moito, moito ritmo.

Galego

Son animal

Amigas e amigos, SON ANIMAL.

SON un deses animais de dúas patas, ao que lle gusta cantar, bailar, brincar, ler libros, viaxar, falar e rir con amigos… ANIMAL humano, vaia.

Os SONS dos ANIMAIS conforman unha banda sonora e unha sinfonía moi especial na miña vida. Probablemente para vós tamén. E se non é así, seguro que non lonxe da vosa casa hai lugares onde aínda podedes escoitar eses SONS tan especiais. O auténtico ... SON ANIMAL.

E se hai SON… hai canción. Aquí van unhas cantas!

Público familiar

Duración: 55 minutos.

Horario: 12:30 h.

Galego

Hoxe toca...maxia!

Todos os días poden ser un día incrible con Hoxe toca... Maxia! un espectáculo sorprendente, misterioso, divertido e máxico para calquera ocasión e para todos os públicos.

No salón de actos. Para público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O paxariño da miña xanela

Espectáculo onde a música, os títeres, as cancións populares e non tan populares farán unha cita máxica e especial do importante que é a comunicación coa natureza e o noso medio ambiente.

No salón de actos. Para público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Circo na biblioteca

Pensaches algunha vez que non era posible ter circo na túa biblio? Pensas que é imposible? Pois a compañía Dani Blanco, con 20 anos de experiencia, vaiche traer o mellor circo de malabares con pelotas, libros, números imposibles, equilibrios, clown, música e moito máis para desfrutar en familia do mellor circo do mundo.

No salón de actos. Para público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Recital poético de Lúa Mosquetera

Lúa Mosquetera (Miño, 1988) é graduada en Lingua e Literatura Galegas pola Universidade de Santiago de Compostela. Ten dous poemarios autoeditados: Rasrás (2018) e Aunque seas rara y seas pájaro (2020). O seu terceiro poemario escribiuno en galego e titúlase Espíderman (Galaxia, 2022). Un dos poemas incluídos neste libro “Anorak de pel de caribú” mereceu o premio Aritmar da Mellor Poesía da Galiza 2021. Ese mesmo ano foi campioa do Poetry Slam galego e finalista do campionato nacional. ¡Yo vivo! é a súa primeira novela.

Galego

4 Monos

Hai moitos anos, no Lonxano Oriente, naceu un símbolo que viña do poder para reprimir ao pobo: os Tres Monos Sabios. Cada mono significaba unha acción: non ver, non oír, non falar. Nós dámoslle a volta. Os nosos monos van escoitar, ver e falar. Van pensar, van actuar… e van ser catro! Catro contos para falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para soñar con outro mundo posible.

No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Fíos do querer

Texto de presentación da actividade

Cé orquestra pantasma, ofrece desta volta un formato musical agarimoso apto para a sensibilidade da primeira infancia. O emprego da voz e actitud, o suave e rítmico acompañamento musical do ukelele e do seu trebello sonoro para as costas, e as misteriosas árbores de axóuxeres que acompañan estética e harmoniosamente, consegue namorar dende o comezo do espectáculo.

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil

Duración

45 minutos

Galego

Xeado de lúa

Texto de presentación da actividade

Aventura extraordinaria xunto a un carballo milenario. Unha noite de lúa chea, cando unha morea de estrelas bailaba a muiñeira, un rato moi pequeno e distraído, mirando a lúa, quedou durmido. O señor Gato estaba a contemplar o mesmo prato redondo e soñando con comida, mirou ao rato con moita alegría.

Programa

Día da Biblioteca

Público/s ao/aos que vai dirixido

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo