Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cidade Imaxinaria 2015

Benvidos ao maior espectáculo do mundo! Cidade Imaxinaria volve ao Gaiás para converterse por un día nun circo xigante onde todo pode suceder: viaxeiros equilibristas, bombeiros malabaristas, pallasos magos, dragóns acróbatas, principiantes de trapecistas e ata dj’s perruqueiros se darán cita na praza central da Cidade da Cultura para facer dos soños unha realidade.

Galego

M.O.A. (Matters of Asia)

M.O.A. (Matters of Asia) é un proxecto inspirado nos sons das diferentes culturas asiáticas, presentado sobre composidiciones influenciadas pola música ambiental, electrónica, contemporánea e músicas do mundo.
M.O.A. conta coa colaboración da bailarina e coreógrafa xaponesa Mao Arata, quen posúe unha linguaxe contemporánea moi concreto e persoal, inspirado en diferentes artes marciais xaponesas.

No espectáculo interveñen:

Galego

País de la ausencia

O espectáculo País de la ausencia é un concerto de música clásica-contemporánea que interactúa coa proxección de imaxes de distintos artistas plásticos. O público é transportado a través da música, fotografía, pinturas, animación e vídeo-arte por un percorrido ao longo das tradicións do pobo español e dos mundos de fábulas e de poemas literarios.
Este espectáculo é o resultado do traballo consunto de 2 músicos, 35 fotógrafos, 2 pintores, 3 pooetas, 4 compositores, 2 realizadores de vídeo e un enxeñeiro de son e imaxe, baixo a dirección artística de Teresa García Herranz.

Galego

Festa Um Ano de Singradura

Na celebración do local de Vilar de Santos que cumpre un ano aberto e programando continuamente actividades.

Neste aniversario conta coas actuacións:

  • 19:00h. María Fuamaça, música para nenos
  • 22:30h. Concerto de Uxía, Sergio Tannus e Santi Cibreiro

Tamén haberá Polbo do pucho e foliada

Galego

Menú do día

Autor e director: Carlos Blanco
Elenco: Carlos Blanco e Luis Davila
Sinopse: O novo de Carlos Blanco, con Luis Davila, un debuxante de luxo. Ver debuxar a Davila en pantalla xigante, e en directo, as historias retranqueiras de Carlos.

Galego

Vive o Castelo

O castelo de Monterrei, un dos sitios históricos máis destacados de Galicia, conforma o marco monumental que recolle a memoria da Casa de Monterrei dende a Idade Media ata os tempos napoleónicos, pasando pola época dos Reis Católicos.

O programa "Vive o castelo" componse de actividades para que toda a familia poida gozar desta acrópole, con variedade de propostas culturais, que engloban desde o aspecto máis cultural, co coñecemento do propio castelo, ata o máis festivo con actuacións musicais, degustacións gastronómicas, circo e contacontos, entre outras.

Galego

Malasombra gran guiñol sonoro

MALASOMBRA é un espectáculo de danza e teatro visual onde a maxia escénica convídanos a viaxar polo imaxinario colectivo, mergullar na escuridade e a luz do ser humano.
Partindo do guión do debuxante Max para desenvolver unha proposta atractiva onde as artes plásticas se fusionan coas artes escénicas e os actores-bailaríns existen nun escenario que é un cómic en movemento. A posta en escena combina elementos de danza, teatro visual, videocreación, teatro de obxectos, sombras experimentais e música rock en directo.

 

Galego

Concerto debuxado de Santos Morcegos

Santos Morcegos veñen de autoeditar un EP  baixo o título Corre, Canceliñas, Corre. A banda instrumental guardesa, segue a explorar eses sons que remiten a un sol abrasador, po e tipos moi duros. A arte deste novo traballo corre a cargo, unha vez máis, do afumado ilustrador Jano.

En exclusiva para O Botafumeiro, presentan o seu primeiro clip, A Raia, protagonizado por May de la Peña e Suso Cortegoso: unha historia sobre a liberdade, o rock and roll e o licor de sangue de vampiro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo