Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Arredor de Rosalía de Castro

O mércores, 22 de febreiro, ás 19:00h. para celebrarmos o Día de Rosalía (23 de febreiro) no Museo Provincial de Lugo convocámoste a un Diálogo de Saberes ‘Arredor de Rosalía de Castro’ no que van participar Marica Campo, Luz Darriba e Helena Villar Janeiro. Modera: Encarna Lago González. Benvida e presentación, Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación de Lugo. Entrada libre até completar aforo. Inscrición previa: concertacionsrmp@mail.com

Galego

Compostela Ilustrada

O Encontro de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, nace no ano 2016 da man do Patito Editorial e a dirección de Miguelanxo Prado, como un salón de inverno na cidade de Santiago, aberto a cuadernistas de todo o mundo. O obxectivo que persegue este evento, que se realiza durante a segunda fin de semana do mes de novembro, é traer aos mellores profesionais desta arte para compartir as súas experiencias a través de conferencias, exposicións e xornadas de debuxo en vivo cos participantes.

Galego

Ponte a punto

Ponte a punto é o Congreso Acelerador do Desenvolvemento Persoal. Un evento anual dirixido a todas aquelas persoas que desexan obter ferramentas para desenvolver unha actitude de vida máis plena, feliz e íntegra.

Un congreso que pretende espertar conciencias e inspirar ás persoas para conseguir a mellor versión de si mesmas e axudarlles a desenvolver o mellor do potencial humano para aplicalo no persoal e o profesional.

Galego

XVIII Xornada de normalización lingüística - Escolas Católicas de Galicia

Escolas Católicas de Galicia organiza, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), a XVIII Xornada de normalización lingüística, dirixida, un curso máis, a todo o profesorado de centros públicos, concertados e privados de Galicia. Desenvolverase o 18 de novembro de 2022, de 9:30 a 14:30 h, no Consello da Cultura Galega.

Máis información

Galego

Xornadas de Ilustración Urbana 2022

Serán tres xornadas de tarde nas que poderemos ter a oportunidade de escoitar conferencias de ponentes de recoñecido prestixio do mundo da ilustración. As conferencias serán moderadas por Maru Godás.

Miguel Anxo Prado e Rita Sabler

Rita Sabler é xornalista visual, educadora, e artista é Directora de Educación na xunta directiva da organización global Urban Sketchers.

Miguel Anxo Prado é un dos mellores debuxantes europeos
 e director do prestixioso festival de cómic Viñetas desde o Atlántico.

Marielle Durand

Galego

Sereas: as mulleres do mar

FUNPROMAR (Museo ANFACO de la industria conserveira), xunto coa fundación FUNDAMAR convocan ás “VIII Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro. Investigando en feminino”, que terán lugar o luns 24 de outubro ás 17:00h na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, no marco de actuación da marca SEREAS, e que conta co apoio do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

Galego

II Xornada sobre as alternativas ao uso do petróleo en aplicacións agrícolas

Programa

10:00 Recepción de asistentes

10:10 Benvida. María J. Bande Castro

Presidenta da Asociación de Amigos do MUVICLA.

Inauguración da xornada

10:20 Quico Ónega López

Investigador do Laboratorio do Territorio, USC. Gandeiro.

Presentación “Os tractores e o futuro”

10:45 Marcos Vázquez Marey

Director de MUVICLA

11:05 Pausa café

Interpretación musical en directo.

Iván Martínez Sabio.

Director Banda Filharmónica de Lugo

Galego

4ª Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia 2022 | A biblioteca pública, unha personalidade creativa

Nesta ocasión, o lema da xornada centra a ollada na creatividade. As bibliotecas son lugares nos que se accede ao coñecemento e á información, polo que serven para alimentar a curiosidade e facilitar a investigación. Tamén son espazos seguros e abertos para o lecer e a evasión, e por tanto, para a imaxinación. Ter curiosidade, investigar, imaxinar... son requisitos necesarios para descubrir, innovar e crear, indo máis aló do coñecido. En definitiva, para a transformación e o progreso.

Galego

Curso: Os temas da arte

Avantaxado feminino pretende un percorrido polos camiños artísticos do século XX da man de creadoras que deixaron unha pegada significativa no seu campo de traballo. Durante o curso faremos unha aproximación aos avatares creativos de artistas que dirixiron o seu talento ao ámbito da fotografía, a escultura, a pintura ou a moda. O pretexto biográfico concederá unha mirilla ao contexto histórico no que cada autora logrou desenvolver a súa traxectoria e aos estímulos vangardistas claves do seu tempo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso