Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

X Encontro de Artistas Novos: #EAN10

No contexto actual de crise mundial producida pola COVID-19, o Encontro de Artistas Novos quere seguir a apostar por apoiar o traballo de creadores emerxentes. A Cidade da Cultura de Galicia converterase por décimo ano consecutivo nun espazo de encontro no que os creadores terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais.

Galego

I Congreso Internacional Teatro Galego

O Primeiro Congreso Internacional do Teatro Galego nace paralelamente e como un dos seus obxectivos fundamentais coa Academia Galega de Teatro, quen na súa presentación pública no Consello da Cultura Galega o 27 de marzo de 2018, expón e argúe as liñas básicas da súa necesidade e dos seus obxectivos fundamentais, entre os que se atopa o I Congreso Internacional do Teatro Galego.

Galego

Fundamentos en Testing

A Calidade no desenvolvemento de Software é unha Vantaxe Competitiva e para conseguir esta vantaxe é necesario dispoñer dos coñecementos e as ferramentas necesarias. Este curso céntrase na área de Testing empezando polos fundamentos do testeo do Software, explicando as diferentes probas que se poden realizar así como o deseño destas e as ferramentas existentes para realizar proxectos de Testing a nivel profesional. Este curso dá a opción de Certificación en Fundamentos de Testing polo ISTQB.

Galego

Estati.co Day

É un congreso aberto á participación, no que coñeceremos de primeira man os retos aos que se enfrontan diferentes negocios e proxectos dixitais.

Queremos crear un espazo de intercambio de ideas e experiencias, onde poidamos aprender e establecer sinerxias colaborativas.

Galego

Losar. Celebrando o ano Novo Tibetano

 

Este ano, por primeira vez, desde Gyalshen Galicia, unha asociación sen ánimo de lucro, dirixida a difundir a cultura tibetana, especialmente Zhang Zhung, e cuxo director espiritual é Chaphur Rinpoche, queremos convidarte a celebrar con nós o Ano Novo Tibetano ( Si, sabemos que este ano chegamos un pouco tarde :-) pero non quixemos perder a ocasión! Así organizamos un evento de xornada completa para gozar de diferentes tipos de ioga: ioga tibetano, vinyasa, hatha yoga, meditación, concerto de bolos e comida ecolóxica ...

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso