Xornada Técnica AER- UVigo
O salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial acolle a I Xornada Técnica AER-UVigo, na que se abordarán as novidades e tendencias da robótica industrial.
Programa
O salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial acolle a I Xornada Técnica AER-UVigo, na que se abordarán as novidades e tendencias da robótica industrial.
Programa
O CGAC abre un novo programa de educación artística para a integración de persoas con diversidade funcional. O proxecto 'Aula diversa', dirixido pola xestora cultural e educadora Adriana Pazos Ottón, propón a arte contemporánea como ferramenta de inclusión social e o museo como espazo de aprendizaxe aberto ao encontro das diferenzas.
Entre os meses de xaneiro e maio de 2020 terán lugar unha serie de sesións abertas a colectivos ou persoas con diversidade funcional e ao público en xeral, que combinarán visitas guiadas e talleres creativos.
A Xunta de Galicia promove 'Atlantic Emprende + Gaiás' abrindo, por terceiro ano consecutivo, un espazo para o encontro, o debate e a formación de profesionais, estudantes, emprendedores e empresas da industria musical. O evento abrirá cun faladoiro con Brett Anderson –vocalista da banda británica Suede–, ao que seguirán as conferencias do deseñador Javier Mariscal e Alba Barneda, a directora de produción de CANADA, a axencia barcelonesa da que saíron icónicos videoclips musicais como o Malamente de Rosalía.
PROGRAMA DO IV ALLARIZ DEBUXADO, FESTIVAL DA ARTE DA ILUSTRACIÓN
Venres, 31 de xaneiro
12:00. Inauguración do festival. Interveñen a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o director de Aira editorial, César Lorenzo Gil.
12:15. Relatorio inaugural de David Lafuente ‘Cómo ser dibujante (y que te paguen)’
17:00. Relatorio de Ester García ¿ Detrás del telón’
19:00. Relatorio de Tomás Hijo ‘Ilustrando a Tolkien y Lovecraft. Gracias y desgracias del ‘fan art’.
Lugar: Fogar dos Maiores (Campo da Barreira, 3)
O II congreso ‘A Diversidade Sexual e de Xénero nas Aulas’ abrirá o calendario de actividades deseñado pola Concellería de Igualdade en materia LGTBIQ+ para 2020.
A xornada de formación terá lugar no Pazo da Cultura o sábado 1 de febreiro e contará coa presenza do cantautor madrileño Viruta, un dos principais referentes do activismo trans en España.
O programa impulsado por Paloma Castro inclúe o I Premio Literario Pinto e Maragota, a proposta de lecer escolar Somos Diversxs, os Vermús pola Diversidade e a campaña Deporte Diverso.
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle as IV Xornadas “Desfacendo a raia”, que promove a Asociación do Libro Infantil e Xuvenil de Galicia (Gálix) coa colaboración da Universidade e que neste 2020 terán como eixo temático a mediación lectora. Abertas á cidadanía, estas xornadas ábrense co relatorio da integrante da asesoría de bibliotecas escolares da Xunta de Galicia María José Pousa, e contarán tamén coas intervencións da mestra Chus Nuñez e da representante da asociación Espazo Lectura Beatriz Fernández.
Evento formativo que congregará a profesionais da educación, docentes de todas as etapas educativas e materias e estudantes de estudos afíns ao ámbito educativo. Contaremos con relatores destacados no ámbito da educación, neuroeducación, investigación e innovación educativa.
Charla informativa organizada pola Asociación de Veciños Oza Gaiteira Os Castros sobre o Dano Cerebral Adquirido: Causas, consecuencias e como previlo.
Contaremos con Marta Barbeito, traballadora social e Inés Cortés, terapeuta ocupacional da Asociación de Daño Cerebral de A Coruña (ADACECO).
Manuel De La Fuente, profesor da Universidade de Valencia e entendido na influenza da cultura rock na sociedade, falará sobre a icónica banda do S.XX e a repercusión da súa música.
Actividade na que se amosan representantesdas novas corrientes educactivas que se están desenrolando a nivel nacional. Dirixido a docentes e equipos directivos de toda a provincia.